Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Música en banda deseñada

Desde os anos 50 do século pasado a música sempre tivo unha forte relación coa banda deseñada. Esta relación intensifícase coa contracultura na que ámbalas dúas formas de expresión toman moito protagonismo.

A vida dos músicos e músicas, e mesmo a súa obra, víronse fielmente representadas nos cómics, incluso moitas cancións son representadas coa linguaxe da banda deseñada. Non son poucas as persoas que se dedican ás dúas disciplinas.

Galego

UVA: Unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño

O obxectivo principal desta mostra é enriquecer a colección do Museo do Viño de Galicia a través dunha perspectiva artística da elaboración do viño.

Comisariada por Carlota Barrenetxea García-Rodeja, a exposición amosa unha carpeta de sete gravados onde o artista, Xosé Poldras, reflexiona sobre o viño e a súa fabricación. Poldras, artista coruñés especializado na técnica de gravado, crea imaxes relacionadas coas etapas da creación do viño: a plantación das cepas, a poda, a recollida da uva, a creación do mosto, etcétera.

Galego

Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe

O Festival Arteficial celebra a súa XVII edición no conxunto histórico da vila de Ribadavia; como ven acontecendo nas súas últimas edicións, o Museo Etnolóxico acolle unha exposición, en colaboración co Festival, buscando xerar un espazo de difusión, reflexión e visibilidade, neste caso, para unha arte plástica singular, a tatuaxe.

Galego

O Ensanche retratado

Durante unha xornada do mes de outubro de 2022, como actividade vencellada á celebración de Compostela Photo,un grupo de fotógrafos do colectivo Fotoforum Compostela, sairon á rúa coa intención de retratar aos veciños do Ensanche compostelán, facendo partícipes axente de todas as idades, residentes no propio barrio, visitantes, profesionáis ou comerciantes, coa finalidade de expoñer as súas fotografías no espazo público e así xenerara sorpresa no espectador, ao recoñecer aos seus concidadáns ou a ver a outros por primeira vez, e, no caso dos retratados, a expoñerse publicamente como xesto d

Galego

A escrita desprendida: escritoras bibliotecarias e bibliotecarias escritoras

Dende Hipatia de Alexandría ata María Moliner, pasando por Gloria Fuertes e Beverly Clearly, ao longo da historia houbo unha serie de mulleres xenerosas que ofreceron lecturas tanto detrás dun mostrador como dende o seu escritorio. A elas lle dedicamos esta exposición.

Zona se exposicións da biblioteca.

 

Galego

As bibliotecas na Axenda 2030 das Nacións Unidas

Exposición con paneis informativos para dar a coñecer entre a cativada a Axenda 2030 e os ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable). Todas as persoas e institucións podemos facer as nosas achegas a ese desenvolvemento sostible, comezando pola información e funcións que cumprimos as bibliotecas. Mediante estes paneis e a bibliografía temática que os acompaña queremos concienciar e concienciarnos sobre como é posible acadar unhas condicións mellores na próxima década.

Público falmliar.

Sala infantil.

Galego

As mulleres que nos levaron á lúa

As mulleres que nos levaron á lúa preséntanos algunhas das mulleres que como Annie Easley, Rita Rapp, ou Frances Northcut, foron claves no éxito da misión do Apollo XI e na posterior conquista do espazo. Sen ese equipo de persoas que estudaron, calcularon e comprobaron unha e outra vez que todo funcionase á perfección, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou da conquista de Marte.

Galego

A Escola Nova... tamén entre nós (1921-2021)

A exposición 'A Escola Nova... tamén entre nós (1921-2021)'  busca salientar o valor patrimonial e histórico, de memoria e de coñecemento do movemento pedagóxico internacional da Nova Educación, desenvolvido por parte de profesionais da educación, a medicina, a hixiene e a psicoloxía durante as catro primeiras décadas do século XX, en particular mediante as iniciativas da Liga Internacional da Educación Nova (LIEN). 

Galego

Eros y Tánatos

Nesta dupla, Yolanda Dorda (1974, Barcelona), encarna a pulsión propia de Eros cunha obra expresionista, libidinosa e exuberante. Pola súa banda, Roberto González Fernández (1948, Monforte de Lemos), presenta un carácter frío, disidente e sombrío que identifica a súa obra con Tánatos. A pulsión de vida fronte á pulsión de morte. A carga erótica das obras de Dorda contrasta co ambiente apocalíptico que González Fernández imprime na súa pintura, recreada a partir do horror que produciu no artista a Guerra de Ucraína.

Galego

De dagas y lloros

Toda exposición conta unha historia e a De dagas e choros comeza hai pouco máis de dous anos, momento no que Pierre Louis decide plasmar a inquietude que sente pola deterioración do medio ambiente en cada un dos seus novos proxectos. Un cambio de rumbo conceptual que o artista implementa formalmente na súa obra a través da inclusión da fibra de fío. Centos de metros de poliéster reciclado en cada peza cos que consegue dar un enorme salto na súa retórica visual engadindo valor simbólico mediante a cor, a ocupación do espazo ou a relación caligráfica deste co patrón e a luz. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición