Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A escrita desprendida: escritoras bibliotecarias e bibliotecarias escritoras

Dende Hipatia de Alexandría ata María Moliner, pasando por Gloria Fuertes e Beverly Clearly, ao longo da historia houbo unha serie de mulleres xenerosas que ofreceron lecturas tanto detrás dun mostrador como dende o seu escritorio. A elas lle dedicamos esta exposición.

Zona se exposicións da biblioteca.

 

Galego

As bibliotecas na Axenda 2030 das Nacións Unidas

Exposición con paneis informativos para dar a coñecer entre a cativada a Axenda 2030 e os ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable). Todas as persoas e institucións podemos facer as nosas achegas a ese desenvolvemento sostible, comezando pola información e funcións que cumprimos as bibliotecas. Mediante estes paneis e a bibliografía temática que os acompaña queremos concienciar e concienciarnos sobre como é posible acadar unhas condicións mellores na próxima década.

Público falmliar.

Sala infantil.

Galego

As mulleres que nos levaron á lúa

As mulleres que nos levaron á lúa preséntanos algunhas das mulleres que como Annie Easley, Rita Rapp, ou Frances Northcut, foron claves no éxito da misión do Apollo XI e na posterior conquista do espazo. Sen ese equipo de persoas que estudaron, calcularon e comprobaron unha e outra vez que todo funcionase á perfección, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou da conquista de Marte.

Galego

A Escola Nova... tamén entre nós (1921-2021)

A exposición 'A Escola Nova... tamén entre nós (1921-2021)'  busca salientar o valor patrimonial e histórico, de memoria e de coñecemento do movemento pedagóxico internacional da Nova Educación, desenvolvido por parte de profesionais da educación, a medicina, a hixiene e a psicoloxía durante as catro primeiras décadas do século XX, en particular mediante as iniciativas da Liga Internacional da Educación Nova (LIEN). 

Galego

Eros y Tánatos

Nesta dupla, Yolanda Dorda (1974, Barcelona), encarna a pulsión propia de Eros cunha obra expresionista, libidinosa e exuberante. Pola súa banda, Roberto González Fernández (1948, Monforte de Lemos), presenta un carácter frío, disidente e sombrío que identifica a súa obra con Tánatos. A pulsión de vida fronte á pulsión de morte. A carga erótica das obras de Dorda contrasta co ambiente apocalíptico que González Fernández imprime na súa pintura, recreada a partir do horror que produciu no artista a Guerra de Ucraína.

Galego

De dagas y lloros

Toda exposición conta unha historia e a De dagas e choros comeza hai pouco máis de dous anos, momento no que Pierre Louis decide plasmar a inquietude que sente pola deterioración do medio ambiente en cada un dos seus novos proxectos. Un cambio de rumbo conceptual que o artista implementa formalmente na súa obra a través da inclusión da fibra de fío. Centos de metros de poliéster reciclado en cada peza cos que consegue dar un enorme salto na súa retórica visual engadindo valor simbólico mediante a cor, a ocupación do espazo ou a relación caligráfica deste co patrón e a luz. 

Galego

Last Drink

Last Drink supone un novo achegamento á obra fotográfica de Miralda. Nesta mostra, o artista propón o emparellamento de dezaoito imaxes que dialogan entre sí. Dezaoito dípticos que poden lerse como unha pequena publicación posta en parede. Prevalecen as asociaciacións poéticas, más aló das temáticas ou da cronoloxía, premisa que xa prevaleceu na publicación Cowboy’s Dream, aparecida con motivo daexposición homónima que tivo lugar na pasada edición de PHotoESPAÑA 2023. 

Galego

Meetigs with remarkable trees

Pintura, fotografía, vídeo, poesía, música, danza... recollendo a vivencia, a convivencia ineludible cun proceso masivo, estructurante, vital, continuo: o ciclo das metamorfoses estacionais. Primavera, estío, outono, inverno, primavera…, a roda das transformacións da enerxía condensada no tropo lento e orgánico da árbore. As árbores senlleiras agardan na fondura do bosque como fitos de conexión cunha vasteza sempre desbordante, sempre terrible na súa crúa beleza e sobrecolledor misterio.
 

Galego

Orgullo da nosa lingua

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en setembro e outubro a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Arteixo, Ribeira, Marín e Redondela.

A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición