Sala Nasa 1992-2011
En outubro de 1992 abría as súas portas a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa nunha nave industrial abandonada da rúa San Lourenzo, camiño de Fisterra, como testemuña da proximidade do cabo do mundo. Durante vinte anos a Nasa foi un espazo de encontro cidadán, un escenario aberto ás novas expresións da sociedade creativa e un instrumento de axitación cultural que conectou Compostela con axentes creativas de moitos outros lugares.

