Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Expomundo das abellas

Durante o mes de maio o vestíbulo da biblioteca ten unha exposición sobre o mundo das abellas para así divulgar o Día Mundial da Abella que celebraremos o día 20. 

Expomundo das abellas é unha exposición que presenta contidos para todas as idades e intereses: Os Bolechas e Máisquemel; Da Flor á Mesa, historia dunha pinga de mel e O panal: A matemática na vida das abellas.

Galego

Caricaturas de Antano

"Caricaturas de Antano" é a exposición do artista Emilio Alonso Freiría, oriundo de Paxón e falecido precisamente o 25 de abril de 2021 (A Guarda), que acolle por primeira vez os retratos orixinais de 21 personaxes ilustres e/ou populares da comarca dos anos 50 e xa falecidos, polo que o compoñente emocional desta mostra é indubidable e, por iso tamén , se fixo coincidir a inauguración co cabodano de Emilio a modo de homenaxe.

Galego

Mi reino es otro

Con “Mi reino es otros”, o artista dá un novo golpe de temón formal e conceptual á súa obra, sorprendéndonos con polípticos nos que apenas aparece representada a figura humana. Preséntanos unha especie de bajorrelieves a modo de frisos de debuxos impresos sobre madeira que, por veces, fan sobresaír unhas pezas do lenzo mural. Non hai marcos. A obra expándese polo espazo perceptivo da persoa espectadora.

Galego

O ronsel do Xelmírez: 178 anos na educación e cultura galegas

'O ronsel do Xelmírez: 178 anos na educación e cultura galegas' ofrece unha ollada ao patrimonio cultural e humano da institución educativa e "pretende dar a coñecer como este centro chegou a ser un lugar de referencia na historia da creación cultural galega ao longo dos anos, desde a súa fundación até a actualidade", en palabras da comisaria. 

Galego

Whispering Mirrors

Partindo dunha reflexión sobre a tecnoloxía e as súas posibilidades materiais e virtuais, esta exposición propón conxecturar sobre a aparente previsibilidade do tempo e do espazo físico a través das súas mediacións obxectivas e dos seus correlatos subxectivos. Para iso, explora dispositivos materiais e atmosferas de fluxos especulares nos que esculturas, obxectos técnicos, imaxes e sons se constitúen como realidades animadas, desenvolvendo modos de existencia propios e configuracións espazo-temporais específicas.

Galego

Cartografías Téxtiles

Dálle voz ao lugar” es o tema escollido nesta edición mediante o que convidamos a participar cosendo, bordando, debuxando... as historias de cada quen sobre as teas, de xeito que con todos os cadrados ir construíndo unha cartografía colectiva que amose a diversidade de voces e narrativas téxtiles e funcione como un chamamento colectivo contra os conflitos sociais e ambientais e polo futuro dos lugares e xa que logo, do planeta.
 
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición