Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

1848 ... Punto de partida para unha biblioteca. A biblioteca Pública de Pontevedra

Exposición sobre os primeiros fondos que formaron a Biblioteca Pública de Pontevedra que nace oficialmente en 1848 como Biblioteca Pública provincial ligada ao Instituto de Segundo Ensino e creada con fondos das bibliotecas dos mosteiros suprimidos froito das leis desamortizadoras de Mendizabal (1835). Entre os seus primeiros fondos atopamos obras pertencentes aos mosteiros, entre outros, de Sta. María de Oia, San Francisco de Pontevedra, San Antonio e Sto. Domingo de Tuy, San Francisco de Bayona ou San Salvador de Lérez.

Galego

Libros acompañados

Recolle unha selección de libros con peluches inspirados nos contos para os máis novos da casa. Un recurso máis para teatralizar as historias, para que os nenos e as nenas se entusiasmen aínda máis coa lectura, e cóllanlle agarimo aos personaxes que viven nos libros...

Sala Infantil.

Público familiar.

Galego

Palabra de biblioteca: pregóns e carteis do Día das Bibliotecas

O Día das Bibliotecas comezouse a celebrar o ano 1997. Dende entón cada ano faise un cartel conmemorativo por parte de recoñecidos profesionais da ilustración e un persoeiro das letras escribe un pregón falando da labor das bibliotecas. Nesta exposición lembramos algúns deses carteis e discursos.

Zona de exposicións da biblioteca.

Todos os públicos.

Galego

Vacca - Extinción

O espazo baleiro, que non é tal: nin pola súa constitución arquitectural -que foi deseñada para ser intervida en todos os seus planos- nin polas capas sucesivas de artefactos que se depositan na súa memoria pero que tamén se almacenan nos espazos mentais das audiencias cando penetran nel (espazo). Os artefactos da arte organízanse e distribúen desde a súa condición case inevitable de materialidade, e desde aí adhírense aos espazos "baleiros", predeterminados para esta ocupación constante e exhaustiva.

Galego

Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa 1992-2011

En outubro de 1992 abría as súas portas a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa nunha nave industrial abandonada da rúa San Lourenzo, camiño de Fisterra, como testemuña da proximidade do cabo do mundo. Durante vinte anos a Nasa foi un espazo de encontro cidadán, un escenario aberto ás novas expresións da sociedade creativa e un instrumento de axitación cultural que conectou Compostela con axentes creativas de moitos outros lugares.

Galego

A Minerva compostelá no seu pasado

As glorias da Universidade de Santiago de Compostela xa foran explicitadas nunha exposición anterior ⸺ A Minerva compostelá. As súas glorias⸺ e esta, que agora se presenta, cómpre recoñecela como continuadora daquela. Tamén, neste caso, ten que entenderse como un quefacer complementario do que, en paralelo, se leva a cabo na concreción, e actualización, do Museo Virtual da USC, no que cabe, así, visualizar, tamén, o aquí contido.

Galego

Exposición de Tapices da Asociación Cultural San Martiño Pinario

A Fundación Granell abre o vindeiro martes, dia 18, ás 12:00h a  Exposición dos traballos das alumnas do taller de Tapices que dita Xavier Rodríguez na Asociación Cultural San Martiño Pinario.
Na mostra poderanse ver desde tapices de técnicas clásicas, gobelinos, ata as máis vangardistas con diferentes texturas e volumes. Tamén se expoñen técnicas de xoieria téxtil, micromacramé, feltrado e kumiho, entre outras.As participantes son Maché, Maricarmen, Teresa, Conchita, Chenda, Luisa, Carmen Rodríguez, Carmen Otero, Elisa e Mónica.

Galego

Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia

Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia é unha exposición de máis de 75 traxes, que reproduce fielmente cada unha das vestimentas fotografadas por Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes a Galicia entre os anos 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society de Nova York.

A mostra fai un percorrido polas leiteiras da comarca de Santiago reunidas na Rúa Nova ao amencer, polas rederas do barrio da Moureira, os artesáns de zuecos nas feiras ou as vendedoras da Praza dá Leña.

Galego

Future Stories

A finais de 2021, a Universidade de Vigo e a Fundación MOP asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de promover a arte emerxente en Galicia a través de Future Stories, un proxecto ao que se destinarían os ingresos xerados pola exposición Peter Lindbergh: Untold Stories (A Coruña) a través da venda de merchandising. Tras o gran éxito da mostra, o proxecto Future Stories permitiu ofrecer ao alumnado da Facultade de Belas Artes ata dez bolsas de 4.000 euros para o desenvolvemento de proxectos artísticos a partir dos seus Traballos de Fin de Grao.

Galego

Do final e do comezo

Do final e do comezo é unha mostra protagonizada por traballos de 26 artistas graduados da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Un conxunto de obras que reflicten a diversidade de formatos, conceptos, propostas e técnicas coas que traballan os alumnos: vídeo, escultura, debuxo, deseño, pintura, instalación, fotografía...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición