Pintando a Vida
Co gallo do Día da Ilustración que se celebra o luns 30 de xaneiro na Sala Infantil organizaron unha mostra bibliográfica con libros ilustrados, albums e debuxos.
Non a perdades e aproveitade para levar algún en préstamo!

Co gallo do Día da Ilustración que se celebra o luns 30 de xaneiro na Sala Infantil organizaron unha mostra bibliográfica con libros ilustrados, albums e debuxos.
Non a perdades e aproveitade para levar algún en préstamo!
A biblioteca cede o espazo para a realización desta exposición da Asociación Xuvenil e Cultural Itaca que estará no vestíbulo do 4 ao 28 de febreiro.
'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige' reivindica os vinte anos do aniversario do afundimento do petroleiro, poñendo o foco na memoria, a creatividade, e as protestas para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. Un traballo que parte dos fondos do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra.
Nos vinte anos do seu aniversario, esta mostra quere volver sobre a memoria, a creatividade e as protestas que acompañaron o afundimento do Prestige para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. A partir do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas a unha rede extensa de artistas, investigadoras, activistas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.
“Catarse”, ábrenos a mirada ao traballo destes catro artistas cuxo nexo é o enfoque das emociones a través del arte.
Os debuxos cromáticos do artista portugués Francisco Mendes Moreira representan figuras abstractas. O pintor usa óleo ou pastel para crear os seus complexos retratos, empregando direferentes métodos. O traballo da extensa obra de Moreira ven de exhibirse en toda Europa e América do Norte.
Manancial de sombras reúne a obra máis recente de Xulio García Rivas (Borraxeiros, Agolada, Pontevedra, 1947), unha selección de vinte pezas de mediano e gran formato realizadas en tinta chinesa sobre lenzo ou papel de arroz.
Comisariada por Sara Donoso, a mostra establece unha conexión coas exposicións levadas a cabo na Fundación Luís Seoane entre os anos 2005 e 2007 por outros artistas galegos como Xabier Toubes, Darío Álvarez Basso ou Roberto González Fernández, cuxo traballo non se inscribe dentro de ningún movemento ou corrente artística concreta.
A autora amosa nas súas obras de diversos formatos, onde os protagonistas son as paisaxes da Coruña, as súas rúas, as súas praias, o porto, o Parrote... todas elas cunha luz moi especial.
A Biblioteca de Galicia organiza unha nova exposición,Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil, onde os visitantes van poder achegarse a preto de cen obras que simbolizan a evolución da literatura infantil e xuvenil galega. Uns libros que queren ser unha invitación a coñecer mellor a nosa historia literaria, pero tamén un reclamo que nos leve a desfrutar da lectura doutra obras.
A Asociación Cultural Rocha Forte organiza un ano máis a exposición de Camelias no Centro Sociocultural de A Rocha.Está previsto que participen unha trintena de amantes desta flor tan característica de Galicia