Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

María Antonia Dans: retratar a humildade do cotiá

A homenaxeada do Día da Ilustración deste ano fundou o seu estilo nun recoñecemento delicado e alegre da realidade que a rodeaba. Encadrada na arte naíf, destacaremos algunhas da súas obras, especialmente as pertencentes a coleccións de Vigo e Galicia, así como algúns feitos da súa vida, que deixou pegada en diferentes ambientes culturais da súa época.

Espazo de exposicións da biblioteca

Galego

Geométrica. Luís Caruncho, Fernando Daza, Nacho Zubelzu

Galería METRO presenta GEOMÉTRICA, unha revisión do traballo de tres artistas que forman parte do elenco desta galería, a través dunha selección de obras abstractas construídas desde a razón da xeometría. Desde os deseños das antigas culturas, pasando polos traballos dos principais impulsores da abstracción xeométrica, como Wassily en pleno século XXI, este xénero segue tendo importantes actores e seguidores.

Galego

Vanguardias

Vangardas expón unha inmersión total na obra dos artistas máis relevantes deste estilo pictórico xurdido na Europa de principios do século XX, a través das imaxes en movemento, a música e doce pantallas xigantes de 4 metros de alto e ata 24 metros de ancho, o visitante poderá mergullarse na luz, a cor e a técnica dos mestres desta corrente que se opuxo aos ríxidos estándares estéticos da época e que atopou a súa máxima inspiración na expresión dos sentimentos máis profundos de cada artista.

Galego

131

Mostra de traballos feitos polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. 

A exposición é unha recopilación de traballos realizados entre 2021 e 2022 polos alumnos e alumnas das diferentes disciplinas que se traballan na escola: talla en madeira, debuxo e pintura, cerámica e oleiría e modelado en barro.

Galego

Lenzos e Partituras

Lenzos e partituras é unha serie web documental que explora as confluencias entre a música e as artes visuais do século XXI. Promovido polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda, o proxecto nace durante o nadal de 2020 co obxectivo de proporcionar un espazo a diferentes creadores da cidade da Coruña para establecer conexións entre distintas disciplinas artísticas e favorecer deste xeito a difusión dos seus procesos de traballo, limitados nese momento pola pandemia.

Galego

Sequitur - Julia Huete

Sequitur é un proxecto artístico que consiste na produción dunha serie de pezas bidimensionais e tridimensionais, de madeira e tecido, que proceden da observación e da manipulación que Julia Huete realiza sobre formas e materiais relacionados co vestido. A artista segue liñas de investigación de traballos anteriores e fai referencia no título a esta continuidade.Dende hai tempo vén explorando o tecido tendo en conta as implicacións conceptuais deste material e as súas características plásticas.

Galego

Arte e memoria democrática: a guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia

Unha exposición organizada polo Concello, na que, a través da expresión artística, convídanos a unha reflexión sobre o impacto dos conflitos armados sobre as persoas. 

A exposición permanecerá aberta ata o próximo 8 de xaneiro na Casa Museo Casares Quiroga. Inclúe gravados como os 'Desastres da Guerra', onde Francisco de Goya reflicte, cunha visión moderna e comprometida, a violencia, a crueldade e a morte; tamén o traballo de Pablo Picasso, cos seus gravados de 'Soño e mentira de Franco', a través dos que denunciou o levantamento militar que provocou a Guerra Civil.

Galego

José Ramón Ais

Las bellas horas é un ensaio fotográfico formado por 12 escenas dun xardín ficticio, imaxes construídas a modo de "dioramas", resultado dun lento proceso de observación e experimentación.O título da serie vén inspirado polos "libros de horas" do medioevo e renacemento. Estes libros ilustrados con miniaturas estaban articulados segundo as horas das oracións do día e os doce meses do ano; representaban o paso das estacións e o traballo agrícola nas diferentes épocas.

Galego

Exposición de traballos da Asociación de saúde mental Fonte da Virxe

Ao igual que nos últimos anos, a asociación de saúde mental Fonte da Virxe organiza unha exposición dos traballos realizados polos seus usuarios no Centro de Rehabilitación e o Centro Ocupacional da entidade. Esta mostra é posible grazas á colaboración coa Fundación Eugenio Granell, a cal acollerá a exposición na súa sede da Praza do Toural.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición