Dragóns: a arte de Eugenio F. Granell e Rik Lina
O comisario da exposición Allan Graubard establece un diálogo entre as obras de Eugenio Granell e Rik Lina a través da temática do dragón que se amosa como concepto multidimensional e metafórico. Unha cuestión que relaciona co paso dos dous artistas polo Caribe, onde Granell vivíu durante decesete anos e Lina máis de sete.No caso de Granell o Caribe supón o medio onde conforma un discurso plástico propio e indiviual, por outra banda Lina establecerá unha especial relación co universo submariño.