Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fausto García

Artista residente entre Santiago e Vilagarcía de Arousa. Exposición de esculturas realizadas por Fausto García Rey. Este ano son esculturas en cerámica e esmalte moldeadas, pezas únicas.

Galego

A contraluz

Pinta principalmente escenas mariñas, e temas urbanos da Coruña . Ten un estilo realista, e destaca pola súa representación da luz e a atmosfera da paisaxe galega.

Galego

Iacobus Mundi. Peregrinación e turismo en cidades e territorios xacobeos do mundo

Os Camiños de Santiago en Europa vertebran amplos territorios nos que durante séculos foise desenvolvendo unha cultura con bases comúns, potenciada por un itinerario de peregrinación que funcionou como espazo sagrado, canal de comunicación e ámbito fecundo de intercambio de saberes e proxectos. Un Camiño que na actualidade amosa unha vitalidade crecente, proxectando ao mundo os seus valores universais, en especial unha mensaxe de fraternidade e concordia.
A exposición Iacobus Mundi presenta unha interesante selección de cidades e territorios ligados ao culto a

Galego

De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell

Por definición, un lugar é espazo determinado capaz de acoller unha cousa calquera. O que nos permite caracterizar e distinguir un lugar doutro é, precisamente, a natureza do que contén (persoas, cousas, pensamentos) e os procesos e o tempo nos que foi constituído. Memoria, identidade, pertenza ou límite son algúns dos conceptos fundamentais que ligamos aos lugares e dótanos de sentido para nós.

Galego

Encontro de escritoras e escritores en homenaxe a Camilo José Cela

Mostra bibliográfica que recolle unha escolma de obras das autoras e autoras participantes no Encontro Extraordinario de Escritores que organizou a Fundación Camilo José Cela para conmemorar o vixésimo aniversario do pasamento do Premio Nobel galego e o 80 aniversario da publicación de La familia de Pascual Duarte.

A mostra bibliográfica está dispoñible no segundo andar da biblioteca durante o horario de apertura.

Galego

Pánico no museo - María Meijide

A exposición Pánico no museo da artista María Meijide enmarcase na proposta Artista en Residencia que este ano cumple a súa VI edición. Neste proxecto os artistas dispoñen dun espacio na sede da Fundación para traballar e crear. A mostra de María Meijide responde en forma dun gran diario expandido. Unha pintura furiosa e alegre que nos convida ao presente.

Galego

1848 ... Punto de partida para unha biblioteca. A biblioteca Pública de Pontevedra

Exposición sobre os primeiros fondos que formaron a Biblioteca Pública de Pontevedra que nace oficialmente en 1848 como Biblioteca Pública provincial ligada ao Instituto de Segundo Ensino e creada con fondos das bibliotecas dos mosteiros suprimidos froito das leis desamortizadoras de Mendizabal (1835). Entre os seus primeiros fondos atopamos obras pertencentes aos mosteiros, entre outros, de Sta. María de Oia, San Francisco de Pontevedra, San Antonio e Sto. Domingo de Tuy, San Francisco de Bayona ou San Salvador de Lérez.

Galego

Libros acompañados

Recolle unha selección de libros con peluches inspirados nos contos para os máis novos da casa. Un recurso máis para teatralizar as historias, para que os nenos e as nenas se entusiasmen aínda máis coa lectura, e cóllanlle agarimo aos personaxes que viven nos libros...

Sala Infantil.

Público familiar.

Galego

Palabra de biblioteca: pregóns e carteis do Día das Bibliotecas

O Día das Bibliotecas comezouse a celebrar o ano 1997. Dende entón cada ano faise un cartel conmemorativo por parte de recoñecidos profesionais da ilustración e un persoeiro das letras escribe un pregón falando da labor das bibliotecas. Nesta exposición lembramos algúns deses carteis e discursos.

Zona de exposicións da biblioteca.

Todos os públicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición