Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Soño de navegante. Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez

A partir da revisión dos fondos da Colección de Arte Cubana Contemporánea Luciano Méndez Sánchez, a exposición Soño de Navegante convida a realizar un percorrido pola arte cubana contemporánea do últimos cincuenta anos; transitando por diferentes temáticas, estilos, soportes e autores que se converteron en imprescindibles dentro do escenario plástico da Illa.

Galego

Plástica castrexa

A cultura castrexa, como manifestación autóctona do noroeste peninsular, no marco da Idade do Ferro europea, abrangue un período de case mil anos, desde os seus inicios ao final da Idade do Bronce, arredor do século VIII a. C., ata a plena implantación romana no século II d. C.

Galego

Día Mundial contra a Sida

En colaboración co Comité AntiSida da Coruña (CASCO) a Biblioteca súmase a celebración para concienciar con Música, cine e libros sobre esta enfermidade e lembrar que VIH aínda non desapareceu.

Atoparedes a mostra con música, cine e libros na entrada da sala de medios audiovisuais.

Galego

Sequitur

Sequitur é un proxecto artístico que consiste na produción dunha serie de pezas bidimensionais e tridimensionais, de madeira e tecido, que proceden da observación e da manipulación que Julia Huete realiza sobre formas e materiais relacionados co vestido. A artista segue liñas de investigación de traballos anteriores e fai referencia no título a esta continuidade.

Galego

Mulleres en loita

Mulleres en loita é unha exposición promovida por Amnistía Internacional que fala dos dereitos humanos das mulleres no mundo e das súas loitas. Preséntanse diferentes situacións nas que se vulneran os seus dereitos, xunto a historias de mulleres, movementos de activistas e defensoras que pelexan por cambiar esa situación con exemeplos de varios países de distintos continentes. A exposición consta de varios paneis arredor de temas como: a defensa dos deritos humanos, a defensa da natureza e a terra. os conflitos armados, a aviolencia sexual etc sempre coas mulleres como protagonistas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición