Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cidades no Tempo

CIDADES NO TEMPO é un proxecto expositivo con que pretendemos poñer en valor a identidade urbana de Galicia. Esta proposta, unha das máis complexas e ambiciosas organizadas na nosa comunidade nos últimos anos, está composta por sete mostras diferentes, unha por cada unha das principais cidades galegas. E en cada unha delas reivindícase a Galicia urbana como compoñente clave da identidade galega, cun legado que se remonta séculos na nosa historia.

Galego

O Inefable

O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.

Galego

Zoodiakos

Carlos Pereira

Licenciado en Xeografía e Historia pola Ou.N.E.D., é membro de diversas entidades culturais e científicas. Publicou máis dunha ducia de libros e preto de 200 artigos de historia, poemas ou outras temáticas.

Galego

Verdades e quimeras

Nito Pereiro-Oliveira é un dos máis prolíficos artistas plásticos do Porriño. É membro de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) e da Asociación Española de Pintores e Escultores. Durante estes anos de pandemia desenvolveu unha incesante e recoñecida labor. Participou, por citar algunhas, na Exposición colectiva 40+1 na Casa de Cantabria en Madrid, Exposición en Galería Souto de Vigo, “REENCUENTRO” na Galería Santana Art de Madrid, “VERANO” na galería OCCO-ART de Madrid, “CINCO MIRADAS” na Galería ALEMI de León, “PRIMAVERA na galería OCCO-ART de Madrid.

Galego

Buscando el Norte

Cristina Brea Lodeiro é ben coñecida no escenario fotográfico galego, ben sexa pola súa participación como axitadora cultural en colectivos como FVCK ou Colectivo Latente. Ben sexa pola súa participación no colectivo de creación fotográfica Ao Norte. Compartiu o seu traballo en numerosos eventos dentro da nosa comunidade e tamén nola atopamos por aquí e por alá en todo o que se fai de interese en relación coa plástica e a fotografía nestas terras, sempre disposta a compartir puntos de vista e obxectos de interese neste abigarrado universo da fotografía contemporánea.

Galego

Agosto

María Treviño, recoñecida pintora e ilustradora de orixe cartagenero e afincada en Madrid. Nesta exposición, a súa primeira individual en Moret Art presenta unhas obras pictóricas hiperrealistas de escenas acuáticas e bodegóns con múltiples referencias á infancia que revelan a súa visión do mes estival.

Galego

O Camiño de Santiago

Na Biblioteca Ánxel Casal tratamos de ter a máis ampla colección de libros e outros documentos relacionados co Camiño de Santiago e aproveitamos este verán de volta á normalidade para facer unha mostra cunha selección deses documentos no vestíbulo da Biblioteca para desfrute de veciños e visitantes.

Camiño de Santiago é o roteiro máis concorrido e máis celebrado do vello continente. Santiago tamén compartiu a atracción dos camiñantes de todos os tempos pero, ademais, fixo un Camiño.

Galego

María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada

A exposición articularase en eixos temáticos segundo un ordenamento cronolóxico e espacial, que presentarán a vida e a obra de María Casares, dende o seu nacemento na Coruña ata o seu falecemento en Alloue (Francia). Eminentemente divulgativa, achegará así mesmo materiais de arquivos institucionais e persoais ata o de agora nunca expostos en Galicia. Unha grande exposición no Quiosco Alfonso cunha aplicación en paneis transportables polas bibliotecas e/ou centros cívicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición