Vacca - Extinción
O espazo baleiro, que non é tal: nin pola súa constitución arquitectural -que foi deseñada para ser intervida en todos os seus planos- nin polas capas sucesivas de artefactos que se depositan na súa memoria pero que tamén se almacenan nos espazos mentais das audiencias cando penetran nel (espazo). Os artefactos da arte organízanse e distribúen desde a súa condición case inevitable de materialidade, e desde aí adhírense aos espazos "baleiros", predeterminados para esta ocupación constante e exhaustiva.

