Exposición de automóbiles históricos do Rally Teresa Herrera
Exposición de automóbiles históricos do Rally Teresa Herrera.

Exposición de automóbiles históricos do Rally Teresa Herrera.
Molezún (1920–2001) é un dos artistas pioneiros da abstracción en Galicia. A exposición conta con máis de 45 orixinais do gran artista coruñés, onde se dá conta da súa gran versatilidade e riqueza lingüística e formal. Exhíbese tamén a inédita Serie Ibiza, moi buscada entre coleccionistas e pouco exposta en exposicións precedentes do autor; realizada na illa no ano 1962, a serie reúne unha colección de experiencias abstractivas de carácter experimental, que xoga co uso do branco e o azul, en planos superpostos sobre teas.
Proxecto dirixido aos habitantes dos pobos desintegrados da Ribeira Sacra do Río Miño na provincia de Lugo, especialmente nos municipios pertencentes a Chantada e Saviñao.
Un proxecto que fusiona cultura e transformación social, centrándose nun lugar invisible en risco de despoboamento.
A exposición O traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo chega mañá a Palas de Rei.
A exposición estará na Casa do Concello ata o 13 de agosto e poderase visitar de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00. A mostra conta con 12 manequíns con pezas seleccionadas entre as moitas vestimentas documentadas e recollidas en casas da provincia de Lugo e complétase con traxes de homes para os que se recuperaron patróns da época.
No primeiro andar da Biblioteca temos unha selección de novelas, películas, poesía e teatro inspiradas no verán ... Vinde a por unha!
Pinto damas paseando, amantes contrariados e paxaros errantes. Cantís e un mar de chumbo. Pinto cabaleiros correndo e agora tamén un home que é dous. Que son dous. Son eu e outro eu. Vaia lea. Pinto o que sae. A arte está en deixalo saír.Pinto como quen camiña. Non pensas que primeiro adiantas unha perna e despois a outra e así. Pois pintando é o mesmo. Ser pintor é pechar os ollos e ver o que non se ve.Hai cousas que emiten luz: unha dama, un neno, un paxaro, unha árbore. Hai ceo e hai terra. Así sempre. Hai azul e hai amarelo. Hai luz que todo o envolve. E distancia.
Outro ano máis participamos no Premio Novela Europea “Casino de Santiago”, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos residentes de cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario. Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas de escritores europeos publicadas neste ano:
El amor en caso de emergencia de Daniela Krien (Ed.Grijalbo)
La vida verdadera de Adeline Dieudonné (Ed. Salamandra)
Llévame a casa de Jesús Carrasco (Ed. Seix Barral)
O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras (Ed. Xerais)
Para conmemorar o centenario do nacemento de Luz Pozo Garza ofrecemos unha mostra bibliográfica coa obra desta grande autora das letras galegas
El jarrón infinito de Mar Ramón Soriano é o novo proxecto que ocupará o primeiro e o segundo andar da Zona C. Foi seleccionado na modalidade de proxectos de creación artística para formar parte da programación que este espazo dedica á arte emerxente.Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualiza este proxecto na investigación procesual e teórica que vén desenvolvendo ao situar a materialidade das cousas no seu centro de interese. Segundo a artista, a natureza dun obxecto articúlase segundo pesos, resistencias e fraxilidades.
Este ano Xacobeo 2022, o Museo das Peregrinacións e de Santiago ten a honra de presentar unha exposición reveladora: Chacona. A Canción de Santiago. Mostra que presenta a relación desta forma musical coa cidade de Compostela, a catedral e o Camiño. O achado que se amosa, por vez primeira nesta exposición, supón a maior descuberta patrimonial no ámbito xacobeo dos últimos 100 anos.Chacona. A canción de Santiago, proxecto comisariado por Fernando Reyes, é unha exposición de gran relevancia e innovadora pola descuberta histórica que presenta.