Chacona. A canción de Santiago
Este ano Xacobeo 2022, o Museo das Peregrinacións e de Santiago ten a honra de presentar unha exposición reveladora: Chacona. A Canción de Santiago. Mostra que presenta a relación desta forma musical coa cidade de Compostela, a catedral e o Camiño. O achado que se amosa, por vez primeira nesta exposición, supón a maior descuberta patrimonial no ámbito xacobeo dos últimos 100 anos.Chacona. A canción de Santiago, proxecto comisariado por Fernando Reyes, é unha exposición de gran relevancia e innovadora pola descuberta histórica que presenta.

