CONVITE AO AVECER
Investigación e creación de Nuria Ferreiro arredor da etnomedicina. A artista establece unha relación directa entre distintos campos de coñecemento como o son a etnografía, a antropoloxía e a arte contemporánea.

Investigación e creación de Nuria Ferreiro arredor da etnomedicina. A artista establece unha relación directa entre distintos campos de coñecemento como o son a etnografía, a antropoloxía e a arte contemporánea.
A exposición pretende recoller a evolución tecnolóxica a través dunha escolma de pezas organizadas en cinco ámbitos representativos:
- O doméstico: da ampla produción de enxoval exhíbense batedores, picadoras ou reladores.
- O traballo: o auxe das tarefas administrativas determina a elección das máquinas de escribir.
- Os medios de comunicación: teléfono, radio e televisión marcan unha revolución mudando hábitos e
formas de relacionarse.
- O ocio: o consumo da música mudou cos gramófonos, tocadiscos e radios pasando, estas, de ser un
A mostra pretende aproximar a realidade que supuxo e mantén a actividade dos gremios da prata e o acibeche na cidade de Santiago de Compostela, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea (naceu baixo a súa tutela e alcanzou o seu extraordinario esplendor ao seu abeiro), como da propia cidade, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e en distintas rúas do seu casco histórico.
O concello prepara a exposición Aquí non chega! sobre a Festa da Auga a través das súas camisetas.
A mostra propón unha mirada sobre a cubanidad xunto a unha visión máis introspectiva e mística, vinculada ao que somos, de onde vimos e cara a onde imos. É así, como descubríndonos nese soño e nesa viaxe, na procura das raíces, é posible desvelar na mostra, desde a narración e o parafraseo visual, lazos con Galicia, esoutra terra de onde navegantes, migrantes, soñadores, partiron cara á illa de Cuba e deixaron parte da súa pegada en 500 anos de historia que comprenden un cúmulo insospeitado de legados a ambos os dous lados do océano.
O concello de Tui acolle unha adaptación deste percorrido expositivo en 71 instantáneas e 35 fotógrafos que se achega á riqueza paisaxística e monumental deste itinerario histórico para concienciarnos de novo do seu valor patrimonial e convidarnos a redescubrilo a través dos ollos de quen o ve. . mira por primeira vez.
A exposición colectiva «Caderno Gráfico. Exploracións con técnicas gráficas non deseño téxtil», recolle os traballos de África Abadín, Alejandro Sierra, Anaïs Kerbrat, Denise Pena Lestón, Lucas Cabaleiro, Lupita Hard, Noemí Montenegro, Sabela Juncal e Silvia Marra.
Esta mostra colectiva, comisariada pola docente da Facultade de Belas Artes Patricia Dopico, recolle as diferentes proposta/ obras dos artistas onde a linguaxe gráfica aplícase ao mundo da moda.
As Rías Baixas serviron de inspiración a representantes de todas as artes ao longo da historia ata hoxe. Esta mostra «Ilustrando nas Rías Baixas», reúne obras se sete ilustradoras e ilustradores contemporáneos, que expresaron sobre o caderno ou na pantalla a súa visión sobre distintos lugares, xentes e actividades na provincia de Pontevedra.
A exposición da artista foi creada expresamente para a Sala Maruja Mallo da sede da Deputación Foral de Vigo, onde poderá visitarse ata o 22 de xullo.
A portada dun disco de «Madame Butterfly», de Puccini, serviu de inspiración á artista Pilar Alonso para crear a mostra «Un bel dei vedremo», unha instalación artística efémera sobre a intimidade.
Sons improbábeis explora as diferentes dimensións do son dentro das artes visuais. Dunha parte, trátase de recoller diferentes mostras da chamada arte sonora, expresión cada vez máis presente dentro do traballo dos artistas contemporáneos, ao tempo que busca tamén adentrarse na investigación da presenza do son e do musical como parte integrante ou como tema de obras executadas dende a combinación de medios. Así, linguaxes como o audiovisual ou a instalación, que integran o son como parte fundamental dos seus desenvolvementos.