Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Verdades e quimeras

Nito Pereiro-Oliveira é un dos máis prolíficos artistas plásticos do Porriño. É membro de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) e da Asociación Española de Pintores e Escultores. Durante estes anos de pandemia desenvolveu unha incesante e recoñecida labor. Participou, por citar algunhas, na Exposición colectiva 40+1 na Casa de Cantabria en Madrid, Exposición en Galería Souto de Vigo, “REENCUENTRO” na Galería Santana Art de Madrid, “VERANO” na galería OCCO-ART de Madrid, “CINCO MIRADAS” na Galería ALEMI de León, “PRIMAVERA na galería OCCO-ART de Madrid.

Galego

Buscando el Norte

Cristina Brea Lodeiro é ben coñecida no escenario fotográfico galego, ben sexa pola súa participación como axitadora cultural en colectivos como FVCK ou Colectivo Latente. Ben sexa pola súa participación no colectivo de creación fotográfica Ao Norte. Compartiu o seu traballo en numerosos eventos dentro da nosa comunidade e tamén nola atopamos por aquí e por alá en todo o que se fai de interese en relación coa plástica e a fotografía nestas terras, sempre disposta a compartir puntos de vista e obxectos de interese neste abigarrado universo da fotografía contemporánea.

Galego

Agosto

María Treviño, recoñecida pintora e ilustradora de orixe cartagenero e afincada en Madrid. Nesta exposición, a súa primeira individual en Moret Art presenta unhas obras pictóricas hiperrealistas de escenas acuáticas e bodegóns con múltiples referencias á infancia que revelan a súa visión do mes estival.

Galego

O Camiño de Santiago

Na Biblioteca Ánxel Casal tratamos de ter a máis ampla colección de libros e outros documentos relacionados co Camiño de Santiago e aproveitamos este verán de volta á normalidade para facer unha mostra cunha selección deses documentos no vestíbulo da Biblioteca para desfrute de veciños e visitantes.

Camiño de Santiago é o roteiro máis concorrido e máis celebrado do vello continente. Santiago tamén compartiu a atracción dos camiñantes de todos os tempos pero, ademais, fixo un Camiño.

Galego

María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada

A exposición articularase en eixos temáticos segundo un ordenamento cronolóxico e espacial, que presentarán a vida e a obra de María Casares, dende o seu nacemento na Coruña ata o seu falecemento en Alloue (Francia). Eminentemente divulgativa, achegará así mesmo materiais de arquivos institucionais e persoais ata o de agora nunca expostos en Galicia. Unha grande exposición no Quiosco Alfonso cunha aplicación en paneis transportables polas bibliotecas e/ou centros cívicos.

Galego

El sueño de Ícaro

A mostra «El sueño de Ícaro» que se presenta en Pontevedra, céntrase nos novos traballos cerámicos e téxtiles de Marcos Covelo. Orixinadas no contexto das súas investigacións acerca das prácticas pictóricas e a reformulación dalgúns principios da abstracción contemporánea, as manchas cerámicas do artista, adquiren a súa rotunda materialidade no proceso en que o universo bidimensional do lenzo proxéctase conceptualmente sobre o oco tridimensional do espazo expositivo.

Galego

Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño

Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño presenta unha visión poliédrica e actual do Camiño de Santiago a través da mirada de dez artistas que empregan a fotografía e o audiovisual como medio. Enmarcada na colaboración da Fundación "la Caixa" co Xacobeo 21-22 e comisariada por Nicolás Combarro, a exposición nace como unha iniciativa itinerante que comezou a súa andaina na Coruña en setembro de 2021. A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, é a derradeira parada destra mostra, onde poderá verse ata o 20 de xullo de 2022.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición