María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada
A exposición articularase en eixos temáticos segundo un ordenamento cronolóxico e espacial, que presentarán a vida e a obra de María Casares, dende o seu nacemento na Coruña ata o seu falecemento en Alloue (Francia). Eminentemente divulgativa, achegará así mesmo materiais de arquivos institucionais e persoais ata o de agora nunca expostos en Galicia. Unha grande exposición no Quiosco Alfonso cunha aplicación en paneis transportables polas bibliotecas e/ou centros cívicos.

