Que cante o merlo!
O día Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo- Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, Sacramento-California, 1987)
Sala Infantil.
Público familiar

O día Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo- Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, Sacramento-California, 1987)
Sala Infantil.
Público familiar
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acollerá ata finais de maio a exposición das ilustracións orixinais do álbum de banda deseñada sobre a vida de Emilia Pardo Bazán asinado pola escritora Alicia Palmer e a ilustradora Weronika Hańczyc.
Exposición dos debuxos orixinais do cómic 'Emilia Pardo Bazán'
A exposición mostrará ao público un material no que se entrelazan estas dúas realidades: o espazo onde se criou, que logo se transformaría no locus amoedus da súa literatura, e os poemas que este espazo inspirou. Será un percorrido pola obra do autor a través dos acontecementos vitais que conformaron o seu estilo e argumentario poético:
- Valdeorras, a bisbarra na que naceu: a aldea de Córgomo, a paisaxe vinícola, os castiñeiros, as aves, o río Farelos e o río Sil inspiraron o seu canto telúrico e sensorial.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro.
Nesta mostra bibliográfica reunimos libros infantís sobre a celebración do Día das Letras Galegas e os autores e autoras aos que se homenaxeou ao longo da historia deste día. Pode visitarse na sala infantil en horario de apertura da biblioteca.
O artista Fran Rodríguez Casal (1998, Traspielas, Pontevedra) presenta na Zona C o proxecto 'Da túa man para a miña', que foi seleccionado na modalidade de proxectos de creación artística para intervir o primeiro e o segundo andar dese espazo.
A mostra, inspirada na obra literaria de Italo Calvino, reúne 50 obras seleccionadas de 39 artistas de relevancia internacional que forman parte do fondo artístico do banco. A arte de empezar e a arte de acabar expón unha relectura dos valores literarios que Italo Calvino consideraba que se debían preservar no milenio no que agora nos atopamos: levidade, rapidez, exactitude, visibilidade e multiplicidade.
O artista Fran Rodríguez Casal (1998, Traspielas, Pontevedra) presenta na Zona C o proxecto 'Da túa man para a miña', que foi seleccionado na modalidade de proxectos de creación artística para intervir o primeiro e o segundo andar dese espazo. A Zona C, que busca dar visibilidade á creación artística emerxente, acolle así a segunda das intervencións que poderemos ir descubrindo durante o ano 2022.
Da túa man para a miña interpela dous tempos, o pasado e o presente, a través de fotografías e de imaxes de videoarquivo da aldea natal do artista, Traspielas.
Desde os seus inicios, o surrealismo inspirouse no deseño e nos obxectos cotiáns e alterounos para facelos máis fantasiosos, oníricos, irónicos, terroríficos ou emocionais. Malia todo, o impacto deste movemento artístico sobre o deseño é tan intenso como pouco coñecido. Desde que fora presentado oficialmente en 1924 co Manifesto do Surrealismo de André Breton, esta corrente artística impulsou a deseñadores e deseñadoras críticos co racionalismo a cuestionar a realidade que se agocha tras o visible, a deseñar obxectos que rompen coa rutina e escapan do cotián.
O evento forma parte das actividades organizadas pola a AAVV Oza, Gaiteira, Os Castros para promocionar a cultura pictórica, musical, a danza, o teatro, a literatura e a divulgacióm científica.
A traxectoria de Jacinto é coherente coa súa propia obra literaria e xornalística.
Nas primeiras exposicións podíanse ver bustos nun taller de pintura, probablemente o de Gosia Trebacz, unha artista con forte influencia nas primeiras obras de Ruiz Valentín, elementos cotiáns como trípodes, focos, bombonas de butano, máquinas de escribir.
A exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924 – 2020 explora o intercambio e diálogo entre arte surrealista e deseño contemporáneo ao longo dos últimos 100 anos. Para iso trae a Compostela icónicas obras de artistas como Man Ray, Salvador Dalí, Giorgio de Chirico ou Le Corbusier, e tamén de grandes nomes do deseño contemporáneo: desde Ray Eames a Ingo Maurer, Gae Aulenti ou Frederick Kiesler, entre outros moitos.