Textiles de Artistas
A mostra arrinca na década de 1910 con deseños dos artistas dos Omega Workshops de Bloomsbury como Raoul Dufy, Sonia Delaunay ou Ben Nicholson, que pretendían cambiar "a errónea distinción que existe entre as belas artes e as artes aplicadas".
Tras a guerra, o movemento co que se aspiraba a crear "unha obra de arte en todos os fogares" alcanzou a súa plenitude coa participación de destacados artistas contemporáneos: John Piper, Salvador Dalí, Ben Nicholson e Saul Steinberg.

