Os outros nomes de Andersen
Como cada ano, o 2 de abril celébrase o Día internacional do libro infantil e xuvenil. Elixiuse esa data por coincidir co nacemento de Hans Christian Andersen, o famoso escritor danés que, ademais de ser o autor de libros inolvidables, inspirou o nome do premio internacional máis importante da literatura infantil e xuvenil, o Premio Hans Christian Andersen.

