Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os Acuarelistas

Os acuarelistas, colectiva de agrupación de pintores de acuarelas, baixo o nome do grupo de Acuarelistas As Xubias, Arga Galicia, 18 compoñen este grupo que realiza a exposición.

Este grupo de artistas que saen a pintar ao aire libre todos os sábados pola mañá en diferentes lugares da Coruña, Oleiros, Sada, Betanzos etc, sempre mostrando lugares da xeografía galega.

Nesta exposición poderanse ver moitas rúas e zonas coñecidas, cada un mostrando o seu estilo á hora de interpretar a realidade.

Galego

A paisaxe dos valados

Os nosos marcos, as molduras que enmarcan a terra que é para quen a traballa. Cando o valado formou parte da nosa paisaxe no espazo e no territorio, e así debera seguir sendo. Non entendería a súa desaparición sabendo que é un piar fundamental da nosa arquitectura tradicional mais tamén os reivindico como vangarda, axudando a debuxar e compoñer a paisaxe e dándolle vida ao rural, os valados son como as veas que se espallan polo territorio, e moitos xa precisan de transfusión. Esta é a miña pequena achega a esa revitalización que penso é necesaria.

Galego

Dispersaideas

Exposición de pintura e escultura de Alejandra Tomei Trátase dunha artista pictórica, muralista e escultórica (aínda que tamén fai danza e teatro). Neste caso trae obra pictórica e cerámica. 

Considérome unha artista versátil e camaleónica que non ten un estilo concreto definido. Ata hoxe a miña obra é figurativa aínda que sinto cada vez máis estímulos polo abstracto.

Galego

Mulleres Enxeñeiras de éxito

É un proxecto que nace da inquietude pola escaseza de mulleres dentro das disciplinas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), especialmente no noso colectivo. Esta desigualdade leva un desaprovechamiento inherente de talento, potencial creativo e enxeño que resulta clave para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico empresarial e da sociedade.

Galego

Letras Galegas 2022 | Florencio Delgado Gurriarán

Foi Florencio Delgado Gurriarán un autor cuxa biografía percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século XX, dende experiencias como a do Seminario de Estudos Galegos (1923), o Partido Galeguista, o rexurdimento literario dos anos 30 ou a defensa do Estatuto de Autonomía do 36, ata momentos tan dramáticos como a guerra civil (1936-1939) e o exilio.

Galego

Ruta Camiño por andar

Percorrido autónomo a través dunha selección de pezas da colección do museo que mostran distintas accións e acontecementos que supuxeron avances na consecución dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible. Un itinerario que procura na pasado inspiración para a construción dun futuro máis xusto e sostible.

Galego

Ruta Camiño por andar

Percorrido autónomo a través dunha selección de pezas da colección do museo que amosan distintas accións e acontecementos que supuxeron avances na consecución dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable. Un itinerario que procura no pasado inspiración para a construción dun futuro máis xusto e sustentable.

Galego

Oficios Invisibles de mulleres rurais galegas

Esta nova proposta do Espazo CreOu trátase dunha exposición de esculturas de Javier Bello Souto, con formación escultórica na Escola de Arte Pablo Picasso. O autor , veciño de Ribadavia, achega coas súas obras ás representacións dos distintos oficios tradicionais reservados para as mulleres baixo un enfoque crítico e de xénero. A serie " Oficios de mulleres rurais galegas" pon en valor e visibiliza a figura da muller galega como peza fundamental e non recoñecida do sistema de producción tradicional. Reivindicando así o traballo non remunerado das mulleres.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición