Valle-Inclán íntimo
Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra ‘Valle-Inclán íntimo’. A mostra nútrese da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.

