Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Espazos en construción. Javier Zabala, 1983-2023

A exposición repasa a traxectoria dun dos ilustradores españois con maior prestixio internacional, tal como evidencian os seus numerosos recoñecementos e premios obtidos durante a súa traxectoria artística.

Nado en León en 1962, formouse nas Escolas de Arte de Oviedo e Madrid. As súas obras traducíronse a 18 idiomas e se publicaron nas editoriais mais importantes. A súa obra como ilustrador abrangue a literatura infantil, a xuvenil e a adulta.

Galego

Pinta!

A sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita acolle ata o 17 de maio a mostra Pinta! na que Raúl Álvarez nos achega á súa obra cunha esmerada selección da súa pintura

A mostra, comisariada por Pedro Taboada de Zúñiga, recolle obras realizadas polo pintor madrileño residente na Coruña destes últimos anos, ademais dalgúns traballos nunca expostos ao público antes e que mostran os temas sempre presentes na súa traxectoria.

Galego

Unha película, un cd e un libro para cada ano da túa vida

Durante todo o mes de abril teremos na entrada da sala de medios audiovisuais a mostra "Unha película, un cd e un libro para cada ano da túa vida".

Esta exposición está inspirada no libro "Una película para cada año de tu vida" do escritor Alejandro G. Calvo, crítico de cine, que recibimos estes días na biblioteca. O seu título suxeriunos a idea de facer esta selección de materiais que podedes atopar neste centro de interese.

Galego

HORROR VACUI, o achado do suplérfuo

A expresión horror vacui emprégase na historia da arte, especialmente en crítica da pintura, para describir o recheo de todo espazo baleiro dunha obra. A posmodernidade e a interconectividade da era internet, cargaron o espazo físico trasladando o fenómeno á arte, dando lugar a unha híperinformación visual maioritariamente superflua. O proxecto expositivo que se presenta inclúe obras de paisaxe urbana desprovistas da información contextualizada fóra das edificacións, deixando amplos espazos en branco que substituyen a descrición real do territorio.

Galego

Naturaleza de Ritmo Subjetivo

Naturaleza de ritmo subjetivo é a primeira exposición individual da artista Angela Mena (Sevilla, 1987) en Galicia. Nela poderemos gozar dos óleos e esculturas pertencentes á súa última serie The power of color, que supuxo a culminación da súa deriva cara á abstracción e a arte xeométrico da artista sevillana.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición