Xeometría Natural
A exposición 'Xeometría Natural', foi elaborada ao abeiro do proxecto 'Marzo mes das matemáticas', pola asociación de divulgación matemática DIMA e patrocinada pola FECYT. A mostra inclúe doce instantáneas que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos tomadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morais que se acompañan de textos elaborados por Pedro Alegría, Raúl Ibáñez e Marta Macho.