Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concha Jerez e José Iges. Resignificaciones

Con relevantes traxectorias individuais Concha Jerez (Las Palmas de Gran Canaria, 1941) e José Iges (Madrid, 1951) desenvolveron de forma paralela, desde hai máis de tres décadas, unha produción común que se contamina e se enriquece na diferenza das súas respectivas linguaxes. A partir do concepto de resignificación, esta mostra conxunta reúne obras realizadas entre 1989 e 2023. Baixo esta idea, o que Iges e Jerez propoñen é, nas súas propias palabras, “unha operación que permite asignarlles a un obxecto, a un medio ou a unha situación calidades ata ese momento inesperadas, imprevistas”.

Galego

O reino das árbores

As obras de Luis Rodríguez Camarero caracterízanse pola cualidade matérica e beleza cromática que presentan, destacando o emprego dunha persoal técnica de tratar o óleo que esixe un moi premioso e delicado proceso de execución por etapas, ao ter que proceder por capas superpostas de materia e mesmo tamén de cores.

Galego

A memoria do deserto

Esta mostra de fotografías de Saleta Rosón trasládanos a dúas cidades abandonadas: unha colonial baixo o nome de Kolmanskop, construída polos alemáns en 1908 no deserto do Namib (Namibia) para aloxar os traballadores das minas de diamantes. A outra é Al Madam, unha urbe levantada entre os anos 1970 e 1980 no interior do Emirato de Sharjah (Emiratos Árabes Unidos), a tan só 60 quilómetros da cidade de Dubai.

Galego

#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega

#Punctum pon sobre a mesa dúas realidades que resultan irrefutables: que a banda deseñada é arte e que as artistas galegas de BD son posuidoras dunha potencia visual e un discurso artístico de primeira orde.
Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy, artistas da BD e o fancine galego amosan no espazo expositivo o seu talento en propostas ricas e heteroxéneas que abordan temas, códigos, soportes e desafíos estéticos vixentes no noso acervo.

Galego

Antón Lamazares. Inda é día

Acceder á obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) co designio de albiscar cincuenta anos de dedicación, investigación, estudo e desenvolvemento dun traballo é un momento moi especial, porque nos permite achegarnos á obra dunha das figuras máis senlleiras no contexto artístico de Galicia, de España, e en constante relación co mundo. A súa ávida curiosidade fixo que diferentes xeografías lle servisen para aliñar intencións e propósitos que axudaron a conformar a súa obra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición