Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Nove palabras

Cedemos o espazo para a realización da exposición de pintura Nove palabras de Carmen Fernández V. (en instagram: @carferva).  Son nove retratos de mulleres realizados con técnica mixta, desde o carbón ao acrílico. Mulleres que coa súa palabra teñen moito que dicir na literatura do noso país. Nove palabras pintadas, nove cores, nove voces. Son María Canosa, Paula Carballeira, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Berta Dávila, Teresa Moure, Antía Otero, Arantza Portabales e María Solar.

Galego

Elas son as protagonistas

Achégase o 8 de marzo e, un ano máis, na Biblioteca Ánxel Casal sumámonos á celebración do Día internacional da muller. Nesta ocasión, a nosa proposta é unha mostra bibliográfica formada por libros nos que as protagonistas son personaxes femininos afastados de estereotipos, que esperamos que desfrutedes tanto nenas como nenos.

Podedes visitar esta mostra na sala infantil do 4 de marzo ao 1 de abril no horario de apertura da biblioteca.

Galego

La mirada en suspenso

Enfrontarse a nosa mirada a través dun espello negro.Nunha imaxe especular, deslízase un instante no que xurdimos da negrura que nos revela quen somos, iluminados pola ingravidez da luz dunhas velas. O noso rostro materialízase fantasmagórico como unha imaxe latente da consciencia, unha identidade que se atopa ao límite entre a aparición e a desaparición.

Galego

Un latexo, unha dentada, un eructo

Esta mostra reflexiona sobre o ‘anatómico’ entendido como espazo xeográfico e fronteirizo dende o que a artista se conforma a si mesma de maneira persoal e individual, convidando ao debate sobre a precariedade e a autoxestión que rodea ao mundo da arte e a dificultade que sofren os e as artistas noveis á hora de profesionalizar o seu traballo. A mostra presenta dende unha perspectiva crítica e irónica, unha produción aparentemente amable para afrontar as problemáticas relacionadas coa creación contemporánea.
 
 

Galego

Homenaxe a Gustav Henningsen

Fotografías custodiadas no Museo do Pobo Galego grazas á xenerosidade do antropólogo e a súa muller, Marisa Rey, quen en 2019 donou ao Museo o seu Fondo Fotográfico (1965-98) (Fondo Fotográfico Rey-Henningsen. Arquivo Gráfico do Museo do Pobo Galego). Xa antes, en 2009, tiñan donado ás gravacións sonoras ao ILG e no 2020, o seu fondo bibliográfico e documental á Universidad Pública de Navarra.

Galego

Hábitats. Naturaleza extendida

Hábitats. Natureza estendida é unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra, nunha viaxe polos cinco continentes. Combinando nunha única capa os mundos físico e dixital, Hábitats transpórtanos, sen saír do Museo Centro Gaiás, por nove destinos nos que poderemos convivir e interactuar con animais e plantas recreadas con gran realismo grazas ás tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada.

Galego

Paco Pestana. O curto voo dun paspallás

Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras,  documentación e outros elementos do artista, que se atopan en coleccións particulares tentando amosar a intensa personalidade deste artista nun percorrido pola arte e través da amizade. Non se trata dunha exposición antolóxica  senón dun roteiro emocional por pezas de persoas que compartiron amizade, traballo, experiencias ou proxectos co artista.
 

Galego

GTB ilustrado

En xaneiro de 2024 cúmprense 25 anos do finamento de Gonzalo Torrente Ballester (Serantes, 1910 – Salamanca 1999). Como arranque das actividades que se preparan dende a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, xa está na súa sede da rúa do Vilar "GTB ilustrado", exposición na que se reúnen obras de artistas que ilustraron as primeiras edicións dos libros de GTB, ou que as realizaron posteriormente, a partir da súa lectura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición