Poder interior
Tres artistas de recoñecida traxectoria representadas pola galería compostelá, cuxas plásticas e narrativas conforman unha proposta expositiva emocional e exuberante.

Tres artistas de recoñecida traxectoria representadas pola galería compostelá, cuxas plásticas e narrativas conforman unha proposta expositiva emocional e exuberante.
Acceder á obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) co designio de albiscar cincuenta anos de dedicación, investigación, estudo e desenvolvemento dun traballo é un momento moi especial, porque nos permite achegarnos á obra dunha das figuras máis senlleiras no contexto artístico de Galicia, de España, e en constante relación co mundo. A súa ávida curiosidade fixo que diferentes xeografías lle servisen para aliñar intencións e propósitos que axudaron a conformar a súa obra.
A XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico tamén pode ser visitada virtualmente
A Bienal Virtual permite coñecer as 25 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal. Cada cadro ten unha ficha con datos sobre a obra e o/a autor/a
As 25 obras que forman a exposición contan cunha ampla variedade de estéticas e técnicas, de artistas de Galicia e do Norte de Portugal.
A primeira muller na Real Academia Galega
A totalidade das pezas que compoñen a mostra pertencen ao arquivo e á biblioteca da propia Olga Gallego, que foran doados pola súa irmá Pilar ao Arquivo de Galicia no ano 2012. Grazas a ese material afóndase na figura dunha muller que foi fundamental na arquivística española e iberoamericana no último cuarto do século XX. O seu Manual de archivos familiares continúa sendo hoxe en día unha referencia.
Contaremos na Biblioteca (no vestíbulo) cunha exposición de fotografías de diferentes entroidos da provincia ( Maceda, Ourense, Verín e Xinzo) de Marisol Carrera Míguez.
Poderedes visitala no horario habitual de apertura da Biblioteca.
O 27 de xaneiro fai 25 anos que nos deixou Gonzalo Torrente Ballester.
Natural de Serantes, no concello de Ferrol, foi escritor, guionista, xornalista, dramaturgo, crítico literario e tradutor. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa.
Gonzalo tivo moita relación con Santiago, cidade na que viviu, estudou e traballou, sendo recoñecido como Doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Mostra bibliográfica
Xesús Chichi Campos, humorista gráfico, ilustrador, guionista e escritor é o homenaxeado no Día da Ilustración que se celebra cada 30 de xaneiro para recuperar figuras históricas desta disciplina
Esta mostra bibliográfica pretende repasar o panorama das mulleres novas na ilustración infantil en Galicia.
Exposición con paneis descritivos sobre a vida e obra de Chichi Campos a quen se lle adica o Día da Ilustración 2024.
Zona de exposicións da biblioteca.
"O poboamento paleolítico de Galicia"
Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica ao abeiro do fondo Xacobeo 2021, co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.
Primeiro andar
Poderase visitar no horario de apertura da biblioteca.