Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A Galicia do presente

A instalación artística A Galicia do presente, é unha iniciativa do proxecto de dinamización da cultura galega emerxente Galicia Latente, impulsado por Eduardo de Martís e baseado no estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica.
A instalación artística que poderá verse no Museo está composta por tres pezas centrais que dan soporte a unha escolma de fotografías protagonizadas por imaxes-referentes da cultura galega, contextualizadas nunha reflexión que abrangue retos e oportunidades que estamos a vivir.

Galego

Luísa Villalta: a voz do compromiso.

Mostra bibliográfica en homenaxe a Luísa Villalta, persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas 2024. Escritora e violinista, foi autora de poesía, narrativa, teatro, artigos xornalísticos... Pero Luísa Villalta destaca tamén pola súa intensa participación en actividades culturais e por exercer un claro compromiso social.

Do 13 ao 31 de maio na planta baixa. De 9:00 a 21:00 horas

Galego

Natureza da cor

Exposición individual dunha das creadoras máis importantes da arte contemporánea galega das últimas décadas, a artista plástica Menchu Lamas (Vigo, 1954). Na mostra poderemos gozar de varios dos seus últimos traballos, trece pezas realizadas no último lustro que achegan a Santiago de Compostela o impoñente discurso estético da pintora viguesa.

Galego

Biblioteca en acción: Compostela, fin do Camiño

Miles de pasos levan ao camiñante a Santiago. Atrás quedaron os preparativos da viaxe, as ansias e as fatigas, os amigos impensados, a beleza inesperada. A cidade acolle o peregrino, ampárao coa súa hospitalidade de séculos de apertura ao forasteiro. Acólleo nesa realidade cambiante e dual de urbe tranquila de arquitecturas variadas e de contorna rural de tendais secando ao aire na solada.

Galego

Mayte Vieta. O son do mar

Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión a través da fotografía, a escultura e a instalación.
Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.

Galego

Sara Herranz & Simone de Beauvoir

A exposición establece un diálogo entre a literatura da filósofa e novelista francesa, Simone de Beauvoir (París, 1908-1986) e a plástica da ilustradora Sara Herranz. 
Deste xeito, unha serie de fragmentos de textos extraídos da obra literaria “La mujer rota”, de Beauvoir, serán expostos xunto a obras da ilustradora tinerfeña, con edicións únicas creadas para a galería. Unha dupla que aúna palabra e imaxe para abrirse coma un libro ante o espectador e que acolle por primeira vez na cidade, unha mostra da recoñecida ilustradora.
 

Galego

Da semente á árbore. Un ben para a nosa vida | Intervención paisaxística nas Torres Hejduk

Da semente á árbore. Un ben para  a nosa vida conecta coa idea orixinal para a que foron deseñadas as Torres Hejduk, pensadas como torres botánicas. Deste xeito, os espazos utilízanse a modo de invernadoiro, onde se recrean dous tipos de bosques galegos — atlántico e mediterráneo —, e como aula, onde se expoñen froitos, sementes e produtos finais obtidos da árbore.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición