Marionetas do mundo
Cedemos o espazo para realizar esta exposición que estará do 1 ao 30 de outubro no vestíbulo. Esta mostra, realizada no marco da Exposición Internacional Galicreques 2024, recolle monicreques, marionetas e sombras que ilustran diferentes técnicas e xéneros de diversas partes do mundo, como o teatro tradicional africano ou o teatro oriental chinés, así como unha panorámica do teatro de bonecos de países da súa contorna: Tailandia, Vietnam, Myanmar, A India, Sri Lanka, Indonesia e Taiwan.

