Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Feminino doméstico

A Fundación Eugenio Granell acolle a exposición Feminino doméstico da artista Amparo Segarra, un proxecto comisariado por Eduardo Valiña que revisa a súa produción artística a través da colaxe e dunha mirada crítica sobre o xénero, o exilio e o espazo doméstico.

Galego

As lecturas de Granell

A Fundación Eugenio Granell presenta a exposición As lecturas de Granell, un proxecto comisariado por María Pita e Dolores Villaverde que propón un percorrido pola biblioteca persoal de Eugenio Granell e Amparo Segarra para afondar na relación entre literatura, pensamento e creación artística.

Galego

Misha Bies Golas

O artista Misha Bies Golas regresa ao CGAC cun proxecto expositivo que reúne máis de dúas décadas de investigación arredor das vangardas históricas do século XX. A mostra ocupa a planta baixa do centro cunha instalación expandida formada por máis dun cento de esculturas e pequenas pinturas biomórficas, creando un percorrido aberto no que dialogan formas, materiais e procesos.

Galego

O corpo humano

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolle a exposición O corpo humano, unha mostra arredor da representación e interpretación do corpo desde a Antigüidade ata o Barroco, vinculando ciencia, arte e pensamento. A exposición poderá visitarse do 28 de maio ao 30 de xuño e complétase coa presentación do libro O corpo humano entre a Antigüidade e o Barroco: ciencia, arte e pensamento, que terá lugar o xoves 28 de maio ás 11:00 h no Salón de Actos da facultade.

Galego

Oficios en extinción

OFICIOS EN EXTINCIÓN: Imaxes que contan, persoas con historias é unha exposición híbrida, formada por fotografías, litofanías e un vídeo (40 min).

Trátase dun proxecto elaborado polo alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), dentro do programa Proxecta Foto - Fotografía en Curso.

Galego

Tinta e compromiso

Escolas Católicas organiza todos os anos a Festa da LIngua e o Día das Letras, dúas actividades incluídas no convenio asinado coa Secretaría Xeral da Lingua para fomentar o uso do galego nos centros educativos.

Galego

La imagen rota

A Galería Dupla acolle desde o 15 de maio ata o 26 de xuño a exposición La imagen Rota, do artista vigués Marcos Covelo. A inauguración terá lugar o venres 15 de maio ás 20.00 horas no espazo situado na rúa Fonte de Santo Antonio, en Santiago de Compostela, e contará coa colaboración especial do viño de autor XIALMA.

Galego

Masides

A Fundación Eugenio Granell inaugura o mércores 6 de maio ás 20:00 h a exposición MASIDES, un proxecto comisariado por María Esther Rodríguez Losada que poderá visitarse ata o 18 de xuño. A exposición propón unha lectura da memoria histórica e do século XX, reivindicando as luces e sombras dun territorio e dunha cultura atlántica e europea con identidade propia.

Galego

A guerra na literatura

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica A guerra na literatura, unha exposición que reúne 90 obras que percorren diferentes épocas e conflitos, desde a Ilíada ata as crónicas do Rif español, pasando polas Grandes Guerras e a Guerra Civil. A selección inclúe novelas, memorias e ensaios que reflexionan sobre o absurdo da guerra, o sufrimento da poboación civil e a importancia de reconstruír a memoria colectiva a través da literatura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición