Entre os froitos do outono: última poesía galega
"Entre os froitos do outono: ultima poesía galega", 45 poetas e unha antoloxía para o século XXI.
Do 2 ao 30 de setembro no andar baixo.

"Entre os froitos do outono: ultima poesía galega", 45 poetas e unha antoloxía para o século XXI.
Do 2 ao 30 de setembro no andar baixo.
O 26 de setembro celébrase o Día europeo das linguas para amosar a gran variedade de linguas que existen en Europa, animar á xente a estudar novos idiomas e axudar as persoas a entenderse mellor e respectar as súas diferenzas.
Para conmemoralo, presentamos esta elección de obras da nosa colección: lingüística, obras de ficción e gramáticas en diferentes linguas europeas. Podedes consultalas nos postos de lectura da biblioteca ou levalas en préstamo.
No 2º andar.
Unha eclipse total é un dous maiores espectáculos que pode ofrecernos a natureza. Durante uns segundos a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra deixándonos durante un intre ás escuras, privados da luz que nos achega o Sol.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición "Modo manual. Ensaio fotográfico por Santiago de Compostela", unha mostra na que o fotógrafo compostelán Tino Martínez recolle a vida institucional e cotiá da capital galega, captadas por este profesional entre finais do século XX e principios do XXI.
A Biblioteca Ánxel Casal cede o espazo e acolle esta exposición producida pola Fundación Federal para o Estudo da Ditadura do SED (Bundesstiftung Aufarbeitung), promovida pola AGX (Asociación Galega de Xermanistas), o DAAD (Servizo Alemán do intercambio Académico), o Departamento do Alemán da EOI de Santiago de Compostela e traducido ao galego polo estudantado da Universidade de Vigo.
O CGAC presenta Isla ignorada, unha exposición que reflexiona sobre a creación artística como exercicio de resistencia e cuestionamento, explorando a relación entre o íntimo, o espazo privado e o territorio común.
A mostra reúne unha selección de obras da Colección CGAC, na súa maioría procedentes de adquisicións recentes e nunca antes expostas neste centro. O título toma como referencia o poema Isla ignorada de Gloria Fuertes e aborda a idea do ser humano como individuo único, pero á vez conectado coa sociedade.
O CGAC presenta Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes, unha exposición que percorre a obra dun dos grandes nomes da Arte Povera e afonda na relación do artista co mar, a viaxe, a memoria e o paso do tempo.
Nado no Pireo (Grecia) en 1936 e figura esencial da arte contemporánea, Kounellis concibía a súa obra como unha escavación na memoria, unha relectura crítica do pasado desde unha linguaxe radicalmente actual.
Durante o século VIII a.C., un poeta contou o retorno dun heroe ao seu fogar. Dende entón esa viaxe non deixou de reiventarse. A Odisea de Homero inspirou novelas, bandas deseñadas, películas, música e novas voces que seguen atopando en Odiseo, Penélope ou Circe preguntas que aínda nos facemos hoxe.
Esta selección reúne algunhas das obras que dialogan coa Odisea, dende os grandes clásicos ata creacións contemporáneas, demostrando que o legado de Homero segue vivo e continúa inspirando novas historias en todas as épocas.
Esta mostra quere contextualizar no mundo naval, un obxecto da práctica médica como é un completo maletín de cirurxián e de todo o seu contido, perfectamente conservado.
As especiais circunstancias da vida a bordo das embarcacións que facían longas travesías, especialmente nas que participaban en enfrontamentos bélicos, fixeron necesario contar con persoal e equipamento mínimo para atender aos enfermos e feridos. Este maletín, e o seu magnífico estado de conservación, conta esa historia.
Di Suárez Japón, catedrático de Xeografía Humana da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, que existe unha modalidade de literatura de viaxes ben diferenciada que é un xénero en si mesmo. “Son libros escritos coa intención de dar a coñecer novos territorios e culturas, a través da descrición, real ou imaxinada, das vivencias dun viaxeiro en terra estraña”. Aceptamos entón que a lectura de textos literarios é unha vía posible de coñecemento xeográfico dentro do ámbito do subxectivo e da actividade creativa que supón a propia literatura en si.