Begoña Caamaño. Tecendo palabras para cambiar o mundo
A Biblioteca de Galicia súmase, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas cunha nova mostra bibliográfica dedicada á figura homenaxeada en 2026.

A Biblioteca de Galicia súmase, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas cunha nova mostra bibliográfica dedicada á figura homenaxeada en 2026.
A Galería Dupla acolle desde o 15 de maio ata o 26 de xuño a exposición La imagen Rota, do artista vigués Marcos Covelo. A inauguración terá lugar o venres 15 de maio ás 20.00 horas no espazo situado na rúa Fonte de Santo Antonio, en Santiago de Compostela, e contará coa colaboración especial do viño de autor XIALMA.
A Fundación Eugenio Granell inaugura o mércores 6 de maio ás 20:00 h a exposición MASIDES, un proxecto comisariado por María Esther Rodríguez Losada que poderá visitarse ata o 18 de xuño. A exposición propón unha lectura da memoria histórica e do século XX, reivindicando as luces e sombras dun territorio e dunha cultura atlántica e europea con identidade propia.
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica A guerra na literatura, unha exposición que reúne 90 obras que percorren diferentes épocas e conflitos, desde a Ilíada ata as crónicas do Rif español, pasando polas Grandes Guerras e a Guerra Civil. A selección inclúe novelas, memorias e ensaios que reflexionan sobre o absurdo da guerra, o sufrimento da poboación civil e a importancia de reconstruír a memoria colectiva a través da literatura.
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle a mostra bibliográfica Begoña Caamaño, activista: mover os marcos, cambiar de xogo, unha homenaxe á figura de Begoña Caamaño, xornalista, narradora e activista comprometida coa defensa dos dereitos sociais e da cultura. A exposición reivindica o seu papel no xornalismo crítico e na participación en diferentes movementos sociais e sindicais, así como a súa defensa dos medios públicos ao servizo da cidadanía, nun percorrido que lembra unha traxectoria marcada pola coherencia e o compromiso.
O Museo do Pobo Galego acolle a mostra bibliográfica Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño Rascado (1964-2014), organizada pola Biblioteca do museo no marco da programación das Letras Galegas. A exposición rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura destacada da literatura galega contemporánea e décimo cuarta muller recoñecida nesta celebración.
A exposición recolle unha selección dos traballos elaborados polo alumnado da Escola de Artes e Oficios neste curso 2025-2026. Pode visitarse no vestíbulo da biblioteca
A biblioteca ten a ledicia e a honra de acubillar a primeira exposición de Judith Martín Velasco, xove artista lucense que presenta unha recompilación de pinturas e debuxos.
Destaca a serie “Historia de 9 vidas” coa que a autora nos achega á realidade dos pacientes oncolóxicos a través de instantes da súa vida, proxectando expresións e emocións reflectidas no seu traballo artístico cunha mirada fondamente humana.
Sala de Exposicións da Biblioteca.
De luns a sábado en horario de apertura da biblioteca.
Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega.
Desde a Biblioteca Ánxel Casal queremos rendirlle unha homenaxe á Begoña representativa de tantas loitas encarnadas na súa participación no sindicalismo e na defensa duns medios públicos para a cidadanía.
Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía da cidade de Santiago de Compostela, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.
Estas foron as cinco novelas finalistas desta XIX edición:
• A noite das cebolas, de Rosa Aneiros (Edicións Xerais)
• La península de las casas vacías, de David Uclés (Siruela)
• El cantar del profeta, de Paul Lynch (Alfaguara)