Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Como tizón quemado

Como tizón quemado é unha axilización do proceso creativo d Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do aceno, e cara á severidade a ultranza dun carácter en evasión concreta e certamente radical.

Galego

Edita:secuencia/sentido

Comisariada por Miguel Von Hafe Pérez, conta con obras dos seguintes artistas:

Patricia Almeida, Tono Arias, David Barreiro, André Cepeda, Dispara, Luis Díaz Díaz, António Júlio Duarte, José Pedro Cortes, Fabulatorio, Ghost, Xosé Lois Gutiérrez, Reinaldo Loureiro, Jesús Madriñán, Tono Mejuto, André Príncipe, Simona Rota, São Trindade, Pierre von Kleist.

Galego

Nosotros

Constrúe os seus cadros cos materiais da máis carnal e verdadeira humanidade. Un perfecto dominio do debuxo e un potente colorido caracterizan a súa obra, que se ten definido como realismo fantástico, como expresionismo. De feito, aínda que este lugués sexa tamén arquitecto de profesión, como pintor non parece que sexa un pintor-arquitecto, nin menos un arquitecto-pintor.

Galego

Creando especies

Herikberto Quesada (Ourense, 1958) preséntanos unha exposición froito do traballo de 20 anos no que o artista deseña “posibles especies” que xurdirían froito dunha evolución diferente ou, incluso, nun espazo físico.

Esas especies creadas no maxín de Herikberto plásmanse en pinturas, traballos dixitais e esculturas dunha beleza e plasticidade extraordinarias e suxerentes.

Galego

Bitácora dun mariñeiro sentimental

“Bitácora dun mariñeiro sentimental” recolle a obra máis recente e atrevida do polifacético artista Antón Sobral (Marín, Pontevedra 1952), un pintor cunha densa traxectoria recollida en máis de 200 exposicións (Galicia, Milán, Viena. New York…).

Aquí combina as súas maxistrais paisaxes mariñeiras (xeralmente con ausencia permanente do individuo) con fotografía ou libros de artista. Unha exposición que condensa 40 anos de traballo adicado ao mundo das belas artes.

Galego

Maruxa, de Mafalda Milhoes

Un total de 14 Ilustracións orixinais do álbum ilustrado Maruxa,  da artista lusa Mafalda Milhoes para o album ilustrado da editorial galega OQO.

Esta mostra, que se complementa cun audiovisual en stop-motion baseado no conto, forma parte do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,  que este ano leva por título Da ciencia á ficción

Galego

Estampas galaicas

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas continúa co seu calendario de exposicións presentando agora as do acuarelista coruñés J. A. Agra Breijo.

Nesta exposición poderáse ver unha selección de paisaxes, lugares e monumentos emblemáticos así como de actividades e costumes de toda a comunidade.

Galego

Intentado golpear ideas

Proposta de Damián Ucieda (A Coruña, 1980) na que o artista empregou varios traballos de Luis Seoane como punto de partida para dar forma a unha exposición que reúne sete fotografías de gran formato e unha pequena selección dos seus debuxos.

Protagonizadas por situacións que espertan unha sensación de desacougo en quen as observa, que provén tanto da mesma violencia que se amosa ao espectador como da estudada disposición das distintas personaxes e dos elementos que ocupan a imaxe. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas