Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Port Authority

Port Authority é unha exposición concibida a xeito de depósito, onde os obxectos repousan, como nun almacén, antes de seren redistribuídos. A exposición amosa un instante no tempo no cal a vida observable dos obxectos conforma unha visión particular do mundo.

Galego

Luis Seoane. Retrato de esguello

Esta mostra, que a Fundación Luis Seoane produce en estreita colaboración co MARCO, indaga nas confluencias que Luis Seoane traza con algún dos seus contemporáneos, así como con artistas históricos, pero tamén busca relación con artistas posteriores e iniciativas de desenvolvemento cultural propias doutras latitudes. Porque todos os movementos de Luis Seoane, dende Galicia e para Galicia, foron movementos universais.

 

Galego

Carlos Maciá. 249 litros

O ciclo estréase coa intervención de Carlos Macía, á que seguirán, ao longo de 2015, as de Mauro Cerqueira, Juan López, June Crespo, e Fernando García. Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal.

Galego

Francisco Mantecón. Paixón e cálculo

A vixencia da obra de Francisco Mantecón é un feito indiscutible: moitos son os novos artistas galegos que, acaso sen ser totalmente conscientes desa liña de continuidade, seguen a traballar nas pautas tan magnificamente expostas e desenvolvidas polo mestre da abstracción xeométrica. Mantecón trata, dende os seus inicios, de expresar o máximo co mínimo, e seguir adelgazando, cadro a cadro, os motivos e os recursos. Con motivo desta mostra, a Editorial Galaxia publicará un libro con textos dos seguintes autores sobre a obra e traxectoria de Mantecón: Antonio Doñate & X.

Galego

De onte a hoxe. Catro pintores en Pontevedra

Os cadros e esculturas que se amosan na exposición "De onte a hoxe. Catro pintores en Pontevedra" son o reflexo do traballo realizado polos artistas Rogelio Lorenzo Rodríguez, Benito Martínez Vázquez, Arturo Cifuentes Pérez e Ricardo Ferreiro Silva, que nos anos oitenta se uniron para crear un grupo co fin de mostrar a arte que se facía en Pontevedra por diversos puntos de España.

Galego

Hospitalidade

 

Artistas: Antoni Abad, Lara Almarcegui, Helena Almeida, Juan Araujo, David Bestué & Marc Vives, Robert Breer, Pedro Cabrita Reis, Rui Calçada Bastos,…

A institución museolóxica é unha creación da sociedade democrática e laicizada que atopou nela modelos de difusión da creación tanto plástica como doutra índole para cidadáns libres e con iguais dereitos de acceso á educación e a cultura.
 

Galego

Carlos León. A orde das primeiras cousas

Indaga con especial interese nos xogos de relacións —plásticas e conceptuais— que se establecen entre o radical cuestionamiento de todo ilusionismo que propón a súa pintura e a práctica depurada dunha produción tridimensional.

Na obra de Carlos León conviven as formulacións puramente obxectuais e a instalación, que irrompe con inusitada forza e determinación nos seus últimos traballos. Ordenación musical de contrarios á que tamén fai referencia o título da exposición, A orde das primeiras cousas, en palabras do poeta Robert Duncan.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas