Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego
Esta exposición, comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Quiñones de León do Pazo de Castrelos, convida a descubrir a obra de Mario F. Granell a través de máis de sesenta cadros procedentes de diversos prestadores; documentos, fotografías... nunha das mostras máis importantes do artista celebradas ata a data. A exposición percorre a vida completa do artista con obra representativa das súas diferentes etapas e dos contextos nos que esta se desenvolve.