Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Diez historias y un paisaje

Dez historias e unha paisaxe é unha compilación de historias cotiás contadas con infografías por Jaime Serra, recoñecido como "o infografista máis influinte do mundo" pola Society for News Design.
Jaime Serra (Mollerussa, Lleida, 1964) expuxo en Barcelona, Buenos Aires ou Washington e precédelle unha longa traxectoria na que dirixiu e asesorou as áreas gráficas de grandes medios a nivel nacional e internacional. Desde o ano 2007 é redactor xefe de infografía e ilustración do xornal La Vanguardia.

Galego

2009-2014.jpg

A mostra está formada por 25 obras en soporte de papel realizadas con técnicas moi diversas, como lapis, texto ou collage, entre os anos 2009 e 2014. Todas as pezas teñen en común a súa temática sexual e de autoerotismo. Trátase dunha exposición na que as autoimaxes eróticas de adolescentes anónimos se converten na materia prima de 25 cadros realizados polo creador alacantino e nunha escusa para reivindicar o orgullo LGBT (lesbiana, gay, bisexual e transexual), que se celebra o 28 de xuño.

Galego

Finis Terre

Marta Moreiras é licenciada en Comunicación Audiovisual. Completou a súa formación fotográfica cun máster en Fotografía Documental e Fotoperiodismo en UAL (University of the Arts) en Londres, onde residiu durante máis de cinco anos.

Despois de quince anos fóra de Galicia volve á súa terra, onde desenvolve un proxecto persoal sobre Galicia e continúa traballando como fotógrafa mentres explora as súas obsesións: a comida, o desenvolvemento, a tradición, a superstición e a historia.

Galego

Doce Balas

Formas e figuras de innovadora estética foron emerxendo da creatividade do escultor Radu (1962 Santiago de Compostela, Galicia) desde un gran caos matérico de sobras de papeis impresos e cartonaxes arrombados nun curruncho de ningures, até chegaren transformados pola xenialidade da arte a se exhibiren arestora para ofrecer unha variada realidade de suxestivos logros plásticos presente entre o fuxidío resoar do silencio.

Galego

La danza inmóvil: acuarelas de Víctor Infantes

Víctor Infantes estudou Filosofía en Madrid e Pisa e publicou en pequenas editoriais libros de poemas, escribiu e representou tres obras de teatro en circuíto off.
Participou en colectivas e individuais de pintura en Madrid e Lucca, onde tivo unha librería de libros antigos. Agora está nun mosteiro. “Libreiro, pintor, poeta… naufraguei para chegar a terra”.

Galego

A outra cara de África

África, a gran descoñecida, móstrase á cidadanía para ofrecer a diversidade e a riqueza das súas culturas e a súa autenticidade, a través do achegamento respectuoso á súa artesanía, relixión, arte, etc., para descubrir unha sociedade con múltiples contrastes, para coñecer mellor a realidade dun pobo, reducir as distancias e compartir a esencia dunha cultura.

Galego

O fermoso rostro do país

A exposición desenvolve ao longo de 10 seccións, articuladas tematicamente, algunhas das liñas que se consideran máis significativas na evolución da pintura galega –e complementariamente da escultura- dos séculos XIX e XX, cerne fundamental da colección.

As seccións da exposición son:

1.-Costumismo, primitivismo e identidade.
2.-Mater Gallaecia.
3.-Escenarios.
4.-Natureza morta. 
5.-Retrato.
6.-Europa.
7.-Sentimento da Terra.
8.-Temática social.
9.-Entre a abstracción e a nova figuración.
10.-Fragancia Atlántica.

Galego

Cismadores

O traballo de Mauro Cerqueira (Guimarães, 1982) sitúase no punto en que o tradicional e o accidental converxen. Restos que cobran vida nas súas mans como unha voz de alarma que informa do proceso de desmantelamento da cidade do Porto. Ensamblaxes perigosamente equilibradas que, como a súa contorna, corren o risco de esborrallarse en calquera instante. “Cismadores” parte das experiencias acumuladas na rúa, de situacións dun realismo que custa crer. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas