Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Caras&Baratas

A exposición está integrada por 28 pequenos lenzos con temática de mulleres, xoguetes e páxaros.
Barreira é un artista de emocións; barroco, pasional que, grazas á súa habilidade plástica, traslada á súa obra cunha intensidade que traspasa a propia realización e consegue unha das finalidades de calquera expresión artística: comunicar sentimentos. A súa experiencia realizando coleccións de deseño, de autor, de marca, trasládaa aos seus catálogos e publicacións, xa que nos seus traballos e presentacións participa en todas as fases do proxecto.

Galego

AllarizÉ

AllarizÉ, é o novo proxecto expositivo que de forma especifica presenta o artista Fernando Barreira no histórico concello de Allariz, nomeado "Chave do Reino de Galicia" por  Sancho IV. Unha mostra, definida polo artista como "unha revisión gráfica das formas e maneiras de crecer eticamente, historias nas que todos queremos estar".

Galego

Entre Marbella e Torremolinos

Este traballo foi realizado ó longo do ano 2011, nos derradeiros tempos da existencia do Manicomio de Castro de Ribeiras de Lea (foi pechado definitivamente en Febreiro do 2012).

O propósito do mesmo era recoller tanto os distintos aspectos da excelente arquitectura do edificio como retazos da vida que alí dentro existía. A pesar das condicións en que se atopaban estas instalacións, en ningún momento a intención do traballo foi o de denuncia; simplemente o de mostrar a beleza que pode existir en todas partes, tendo en conta que o concepto de beleza é totalmente subxectivo.

Galego

Expo alumnos taller de pintura 2015

Na sala de exposicións número 2 da Sede Afundación de Vigo exponse a mostra que recolle os 23 cadros creados polos alumnos e alumnas do obradoiro de pintura que se desenvolveu no pasado curso na propia Sede.

Durante nove meses, os asistentes ao obradoiro de pintura iniciáronse na técnica do óleo guiados pola profesora María Soliño, licenciada en Belas Artes. Partiron dunha selección de grandes obras para idearen os seus propios lenzos de temáticas variadas: bodegóns, mariñas, retratos e paisaxes.

Galego

Heroes animados

Grangel Studio, empresa especializada na creación de personaxes para o cine de animación que leva realizado durante os seus 25 anos de existencia importantes traballos a nivel internacional.

Esta exposición achega unha grande mostra de todo o proceso de creación dunha personaxe a través de inolvidábles filmes coma O príncipe de Exipto, Spirit, o corcel indomable, A ruta cara a El Dorado, Simbad: a lenda dos sete mares, O Espantatiburóns, Madagascar, Kung-Fu Panda, Como adestrar o teu dragón, A Noiva Cadáver de Tim Burton, Piratas! e Hotel Transilvania.

Galego

1000 Camiños

1000Camiños é un concurso online sobre o Camiño de Santiago que nace en 2010, o Ano Xacobeo no que Martín Códax é o viño oficial, co obxectivo de difundir esta ruta de peregrinación. O concurso permite que peregrinos e amantes do Camiño compartan as súas experiencias con outros camiñantes e afeccionados a través de fotografías, relatos e guías secretas.
Ao longo destas cinco edicións, a web de 1000Camiños recibiu preto de medio millón de visitas e rexistrou máis de 4000 obras.

Galego

Unha mirada dous tempos II

Nesta segunda edición, o comisario, Ramón Rozas, decidiu encarar a mostra, e o seu correspondente catálogo, co propósito de incidir, outra volta, en como a forma de mirar dos artistas muda en función do tempo, do lugar, das circunstancias persoais do autor e do momento histórico que o rodea. Afundación e o Concello de Pontevedra colaboran nesta completa oferta cultural, composta tanto pola exposición como polo seu correspondente catálogo, que busca poñer de relevo a importancia de Pontevedra, ao longo da historia, como unha cidade fonte e referencia de cultura en todos os niveis.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas