MIRROR RIM (El borde del espejo)
Producida pola Fundación DIDAC co apoio de Instituto Vasco Etxepare, a exposición MIRROR RIM do artista Alain Urrutia mostra un total de once novas pinturas que presentan imaxes que se poden voltear sen deixar de funcionar dende o punto de vista plástico. O traballo de Alain Urrutia analiza novas lecturas de imaxes preexistentes, fragmentando e reconstruíndo a realidade das mesmas.
En maio a exposición chegará ata Lisboa.