Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Gente del Mar

Baixo o título Gente del Mar a holandesa afincada en Rianxo Karin Kuijper expón por segunda vez a súa obra pictórica, cos seus cadros que seguen a técnica de Arte Naive.

Dende o 4 de maio ao 2 de xuño na sala de exposición do Auditorio de Rianxo. 

Galego

María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes

María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes é unha mostra que rende tributo a María Victoria Moreno, autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, e que lle achega á cidadanía a súa figura, vida e obra. A exposición recolle a visión que varios ilustradoras e ilustradores galegos teñen dalgunhas das obras de Moreno

A mostra arranca en abril na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, a súa primeira parada nunha itinerancia que a levará por diferentes concellos de Galicia. Tras Santiago viaxará a Ferrol, Vigo ou Lugo, entre outros concellos. 

Galego

Crónica de maio. París 1968

A Sala Abanca da praza do Príncipe acolle unha mostra da obra do pintor barquense Jesús Díaz Ferrer sobre o Maio do 68 en París. Díaz Ferrer, nacido no Barco de Valdeorras en 1922 e falecido en Teruel o pasado ano, tivo unha extensa carreira de produción artística, con máis de sete décadas de traballos desde que marchara a Madrid ao final da Guerra Civil. O pintor viviu en distintos países, sen perder o contacto coa terra. 

Galego

A arte no cómic

Despois de pasar pola Sede Afundación Santiago de Compostela, o proxecto expositivo de Fundación Telefónica A arte no cómic chega a Vigo. A mostra achega o traballo de máis de 70 ilustradores de prestixio que reinterpretan algunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte. 

Galego

Venus en el despeñadero

Venus en el despeñadero recolle o traballo de Magdalena Benavente e componse de 18 colaxes realizadas en técnica mixta e unha peza de videoarte. A artista quere crear unha sensación de inquietude no espectador a través da cor, xerando pequenos mundos en cada peza.

Galego

Nado en pedra

Organizada pola Escola de Cantería, a exposición busca poñer en valor  o traballo de temática figurativa que esta realiza e promover e conservar un dos oficios máis nobres e tradicionais de Galicia, o de canteiro. 

Galego

Betula Pendula

Betula Pendula é a última intervención artística nas Torres Hejduk. O paisaxista Martín Toimil orquestra unha intervención paisaxística con bidueiros. A acción busca amosar a dobre faciana da realidade dos bosques galegos: por unha banda, enxalzar a súa enorme beleza e por outra, advertir da súa fraxilidade, especialmente, por ser obxecto reiterado da lacra do lume. Para iso, Toimil instalou bidueiros vivos, coa propia raíz, na torre de cristal; e, pola contra, na de pedra pendurou os queimados pola última vaga de lumes que sufriu Galicia. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas