Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

M-eu-mar

"M-eu-mar" é, en síntese, unha obra teatral en tres actos na que se amosa o camiño percorrido polos dous para acadar esta comunión artística. No acto primeiro o mar conversa co artista nos tempos curtos, decora o escenario con fermosos debuxos e baixorrelevos e entrégalle ao artista unha vella cuncha traballada a través do tempo. No acto segundo o artista dialoga co mar a través da cuncha dándolle vida a unha fábula, a un conto, a un poema. No acto terceiro a fábula, o conto, o poema voltan ao mar e éste sorrí de ledicia co agasallo.

Galego

Umbral

Comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

Teo Soriano utiliza a abstracción como procedemento; unha abstracción orientada cara aos conflitos de definición da natureza da imaxe que se intúen nas súas pinturas como campos de cor, na súa reivindicación da pintura como medio de expresión.

 

Galego

A caza

O proxecto enmárcase dentro da investigación que a artista leva realizando nos últimos anos sobre os procesos de representación figurativa e a súa descontextualización, unha investigación que pon de manifesto a relativización da idea de mímese e, con iso, as diversas convencións que en cada época e en cada contexto, posibilitan a lectura de códigos concretos en clave representativa.

Galego

Microfísica do debuxo

É o debuxo un anacronismo dentro da contemporaneidade artística? En MICROFÍSICA DO DEBUXO, NORMAL parte desta pregunta para, no canto de propor unha resposta concluínte, trazar un percorrido promiscuo a través de traballos artísticos nos que o debuxo funciona de xeitos considerablemente diferentes entre si.

Galego

Antón Pulido. Antolóxica

"Antón Pulido. Antolóxica" percorre a vida e obra do singular pintor. Nacido nunha pequena aldea de Ourense en 1944, hoxe en día sitúase como un dos artistas galegos máis influíntes e destacados do momento. Pulido está avalado por unha traxectoria artística que levou a súa obra desde Toquio ata Nova York.

Galego

Tectónica

O que aquí se propón é unha prospección no universo creativo e poético deste autor, pero cunha perspectiva que nos permita aproximarnos á súa obra dende un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo, é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas —a propia experiencia vital— deste creador tan singular.

Galego

Sentindo a madeira

A mostra está composta por máis de cincuenta pezas de madeira, de troncos visiblemente mortos de onde arrinca a súa natureza artística procurando confrontar as formas toscas en formas sensuais e suaves, revolucionando ao noso sentir e busca como atopar a percepción e sensibilidade nos espectadores.

Un convite a sentir a creación como percepción plástica; onde as formas, liñas e ocos tallados sobre o noble elemento, poden percibirse a través do tacto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas