Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Picasso branco no recordo azul

Con motivo do cincuenta aniversario da morte de Pablo Picasso o 8 de abril de 2023, e no marco da Celebración Picasso 1973-2023, organizada conxuntamente polo Estado español e o Estado francés nos principais museos das cidades picassianas, a Xunta de Galicia promove esta exposición monográfica no Museo de Belas Artes da Coruña: Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro.

Galego

IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dos traballos realizados ao longo dos obradoiros do programa "Identidades. As artes para a inclusión social.

IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é unha experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Bienestar do Concello da Coruña

Galego

Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía

Rememorando as exposicións que Alfonso Sucasas realizou durante o Ano Xacobeo 93, baseadas nunha serie de obras inspiradas na historia de Compostela e no Camiño de Santiago, que dan lugar a unha ampla colección integrada por debuxos e pinturas, algunhas de gran formato: o “Tríptico de Adán e Eva”, “Pecados capitais” ou “Santiago Peregrino”, propiedade da Xunta de Galicia, presentamos unha mostra que recupere ese momento do artista e contextualízalo no ano Xacobeo 22, actualizando a mensaxe.

Galego

Rafael Bordalho Pinheiro

Rafael Bordallo Pinheiro (1846-1905) foi o feliz creador do personaxe máis coñecido e máis contestatario do humor portugués: Zé Povinho. Foi un dos artistas máis destacados e unha das figuras máis carismáticas da sociedade portuguesa da época: artista plástico, decorador, humorista, caricaturista, oleiro, aspirante a actor, era un asiduo das salas de teatro e ópera de Lisboa e afeccionado ao bo viño e á boa comida. Nado nunha familia de artistas, pronto mostrou un gran desexo por aprender as artes.

Galego

Apeiros de tracción animal

O obxectivo desta mostra é contribuír á difusión das prácticas de tracción animal respectuosa. Faise en colaboración coa Asociación Galega de Tracción Animal (AGATRAN) e o Centro de Interpretación da Tracción Animal CITRAN. Móstranse una selección de xugos, en referencia á historia do que foi a tracción animal, así como audiovisuais da tracción animal moderna. A súa estancia en Lobios fíxose coincidir coa reunión anual no CITRAN da Fédération Européenne du Cheval de Trait pour la promotion de son Utilitation (FECTU).

Galego

Pedro Bueno

Pedro Bueno é un mestre sen mestres, un doutorado sen escola. Non por iso deixou de aprender de colegas e amigos e da propia investigación, asimilando técnicas e solucións e interiorizando o que logo ha expresar.

A versatilidade, a pluralidade de propostas e de rexistros define unha obra na que atopamos deseño, esculturas e pinturas.

A súa faceta primordial é a de pintor, cun camiño, cunha pegada propia; o que lle confire un estilo, unha linguaxe particular, única. Cando vemos un cadro de Pedro Bueno, ao momento nos decatamos da autoría.

Galego

Alejandro González Pascual 1930-1993

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha exposición dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930-1993), unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega. Esta mostra continua a serie de exposicións monográficas organizadas polo Museo dedicadas a diferentes pintores galegos, como as realizadas anteriormente sobre Tino Grandío, Antonio Tenreiro, Manuel Colmeiro, Felipe Criado e Alfonso Sucasas.

Galego

FÁBULAS DE ALMADA NEGREIROS

A exposición “Fábulas de Almada Negreiros” chega ao Museo Etnolóxico. Reunindo 49 tintas chinesas orixinais, realizadas en 1936 para ilustrar o libro Fábulas do escritor e xornalista Joaquim Manso, con dirección gráfica de Luís de Montalvor (codirector de Orpheu)é representativa da profunda simbiose coa escritura e o talento gráfico de Almada Negreiros. Tamén se mostra un reducido e delicado elenco de ilustracións deseñadas para O Pórtico e a Nave (1943), obra do mesmo autor e editor, con quen Almada se asocia para outras publicacións alternativas e excepcionais.

Galego

Abrazos

Contremos durante case un mes coas pinturas da artista gráfica, Marga Viz. Podedes atopar información sobre ela e a súa obra na seguinte ligazón.

A exposición que está no vestíbulo da Biblioteca poderase visitar no horario de apertura da mesma.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas