Artes plásticas

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán

A exposición Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán recolle unha selección de gravados composteláns dos séculos. XVII e XVIII, abertos por afamados gravadores locais e foráneos, utilizados polas tipografías composteláns, co denominador común de que apareza os símbolos xacobeos ou a imaxe de Santiago, para atender unha tripla demanda: Universidade (follas de grado), Cabido (compostelas e diferentes documentos relacionados co culto xacobeo), e estampas de finalidade relixiosa destinas a devoción popular.

Galego

Exposición 'Imaxes de pedra' (Rosa Elvira)

Rosa Elvira Caamaño Fernández (Bueu, 1954) proponnos unha viaxe polo Camiño de Santiago para que nos fixemos en detalles da monumental escultura románica. Ofrécenos unha escolma dalgunhas das pezas máis características de varios edificios da ruta do Apóstolo. A artista pasa polo seu prisma as diferentes lecturas históricas, teolóxicas e místicas destes elementos para favorecer así que o visitante vexa a influencia que tiveron nos movementos artísticos mais innovadores do século XX.

Galego

Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela

O venres 22 de xaneiro ás 18 horas preséntase a exposición, o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música: Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela, da Compañía Compostelá Os Monicreques de Kukas, dentro do programa o teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Don Gaiferos de Monmarltan é o protagonista do romance popularizado por  Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pes do Apóstolo Santiago.

Galego

DOUS CAMIÑOS. SANTIAGO - KUMANO. Catalina Rodríguez

No marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, cada ano se deseña un proxecto con ilustradoras co obxectivo de poñer en valor o papel da muller no mundo da arte. Nesta cuarta edición, a artista seleccionada foi a asturiana Catalina Rodríguez, coa finalidade de levar a cabo un ambicioso proxecto que a levaría a percorrer e debuxar o Kumano Kodo e o Camiño de Inverno.

Galego

Viae Ad Limina Sancti Iacobi

Viae Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición non só sorprende pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade, a caligrafía que os acompaña ten o estilo propio do autor. Redactadas e escritas por el mesmo con pluma seguindo un estilo histórico, confírenlle un aire melancólico ao percorrido por estas vilas e cidades representadas na sala expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artes plásticas