Evento: Alfonso Sucasas. Unha revisión

  • Sucasas_Os tres amigos do Lamela (1980) MPLugo
  • Revisión da obra do Pintor Sucasas no Museo de Belas Artes da Coruña
venres, 1 decembro, 2017 - 20:00 a domingo, 25 febreiro, 2018 - 10:00
Museo de Belas Artes
, A Coruña

Alfonso Sucasas. Unha revisión

Un percorrido pola temática e a iconografía do artista galego

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura unha nova exposición que revisa a lectura da obra do pintor Alfonso Sucasas, a través de novas liñas de interpretación do seu traballo e co fin de coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, os seus intereses e as súas inquedanzas.

A mostra está comisariada por Miguel Fernández-Cid e repasa os temas e a iconografía do artista Alfonso Sucasas (Goiás, Lalín 1940 – Ferreirós, Vila de Cruces 2012), analizando o que pode haber detrás deles. A exposición nace a partir dunha nova análise duns datos biográficos obxectivos, dunha revisión dos xuízos aceptados como comúns, das palabras do artista en entrevistas e cartas, do estudio da súa obra e do rescate dalgúns traballos ata agora pouco valorados.

Neste sentido, a exposición repasará a temática da obra do artista e a súa iconografía, cun destacado protagonismo dos mitos, da relixión, dos personaxes e da condición humana.

Máis eventos de tipo Exposición

Cartel da exposición temporal
O mundo nas mans: Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX
5 de febreiro a 31 de decembro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Bogueira procedente de Francelos. Ribadavia. Foto. Santi M. Amil
A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico
10 de xuño a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A arte de navegar. Exposición no Museo Massó
A arte de navegar
4 de agosto a 31 de decembro
Museo Massó