Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ándale! Bon appétit!

Ándale, Bon appêtit! é unha reposición da exitosa obra de teatro Ghazafelhos ‘Bon Appêtit’. Nesta ocasión, os nosos queridos chefs Felipe, Antonio e Francisco prepararán deliciosos pratos mexicanos facendo un pequeno repaso pola historia do país. Tamales, enchiladas, tacos... unha chea de receitas aderezados co humor dos Ghazafelhos e acompañadas coa aparición de personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Coma sempre, a participación do publico será imprescindible.

 

Galego

A verdadeira historia de Hamelín

Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor, son as chaves desta adaptación circense do clásico conto O frautista de Hamelín, no que descrubriremos o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.

Galego

A libraría máxica

Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso, ofreceranlle o libro perfecto, xa que teñen a capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia. Unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. 

 

FICHA ARTÍSTICA

Galego

A historia de Martín

Martín, o neno protagonista, é coñecido por ser un burro. É a etiqueta que lle puxeron dende ben pequeno. Tanto o repetiron, que acabou por crelo. No colexio, os seus compañeiros non deixan de mofarse de él, a súa profe sempre lle está a rifar e nas clases abúrrese moitísimo... Pero un día atopará un lápis máxico que cambiará a súa vida para sempre.

Un conto onde aprendemos o valor da confianza nun mesmo. Nun mundo onde, con esforzo e ilusión, podemos lograr todo o que nos propoñamos.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección: Miguel Strada

Galego

A emocionante historia de Nube e Alex

A emocionante historia de Nube e Alex conta a historia de Álex e da súa amiga Nube, unha nube moi especial que non sabe chover. Xuntos descubren as emocións que isto lle provoca, e aprenden trucos sobre como xestionalas e expresalas sanamente. Durante o espectáculo, os nenos e nenas non só participan, senón que tamén crean parte da historia, elixindo o rumbo das aventuras e compartindo as súas propias emocións para axudar a Nube a entender o que sente. Un show tenro, divertido e participativo, que invita a familias e peques a compartir e falar das emocións con naturalidade.

Galego

A corva

Mari Gésta, é un personaxe inspirado en Mary Poppins. AS súas estravagancias fan rir ás crianzas, mais tamén ás maiores. Vive no monte, adora os toxos e as xestas e posúe unha maxia especial que a leva a sacar cousas máxicas da súa sacola. Un espectáculo a medio camiño entre o musical e o contacontos, tinguido de seres marabillosos que acompaña a esta peculiar muller.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección e adaptación: Cristina Collazo

Deseño sonoro e música: Manuel Paino

Galego

A bailar!

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, número de maxia, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Galego

30 anos a contar historias. Notas de rodapé

Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación. Tende a perderse e a reatoparse, sempre coa axuda do público. Os seus espectáculos pertencen a un movedizo mundo escénico que foi definida de distintas maneiras. Teatro da palabra, narración oral escénica ou literatura ao vivo, foron alguns dos xeitos de designalo. É un espectáculo mestizo entre o conto de lareira, o cabaret literario e o teatro épico. 

Galego

Misery

Carmen Conesa dá vida á enfermeira Annie Wilkes, unha obsesiva admiradora das novelas de Paul Sheldon, interpretado por Marcial Álvarez. Tras sufrir un aparatoso accidente de coche, o escritor é rescatado por Annie, pero o que semella un acto de salvación convértese axiña nun perigoso xogo de poder no que a creación literaria pasa a ser unha cuestión de supervivencia.
Baixo a dirección de Jose Saiz e cun elenco formado por Carmen Conesa, Marcial Álvarez e Alberto Vázquez, ‘Misery’ chega ao escenario nunha adaptación teatral da coñecida novela de Stephen King.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro