Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Costureiriña bonita

COSTUREIRIÑA BONITA é un espectáculo que combina a maxia do xogo coa saudade dos tempos idos, un canto á muller galega modista, emigrada, que procurou nas feituras un xeito de facer a vida.

COSTUREIRIÑA BONITA é interxeracional, onde grandes e pequenas gozan da música, títeres e lendas, a través dunha participación activa. Ao ritmo frenético da máquina de coser prepáranse os traxes que serven de inspiración para deixar voar a imaxinación.

Galego

Contos de trasnos e meigallos

Coñeces os trasnos que habitan na nosa terra? O trasno Busgoso, cos seus pezuños e cornos de chivo, larpeiro e burlón. O Burleiro, un grandísimo transformista, capaz de adoptar forma de cabalo, becerro ou burra. Os Meniñeiros, cativos e invisibles, coa misión de facer rir ós bebés... Este espectáculo inclúe manipulación de obxectos, maxia e participación do público. 

Galego

Xan das ondas

Xan é un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar xa non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares.

Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?

Galego

O censor de monstros

Cristovo, ten un traballo moi especial, é “censor de monstros”. Con el descubriremos os seres fantásticos que habitan na Galiza.

Unha viaxe inesquecible pola nosa terra meiga, onde coñeceredes de primeira man os personaxes mitolóxicos que aínda viven entre nós.

Vivirá algún preto de ti e non o sabes?

Galego

Contacantacontos

Contacantacontos é unha actividade única e emocionante deseñada para nenos que adoran escoitar contos e bailar ao mesmo tempo. Este evento combina a narración de contos coa música e o movemento, creando unha experiencia inesquecible para a cativada.

Galego

Peter Punk Pallaso

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Galego

En mi cabeza sonaba mejor

Laura del Val chega a Santiago de Compostela co seu novo espectáculo de comedia En mi cabeza sonaba mejor, un monólogo no que mestura identidade, sarcasmo e unha ironía moi propia.
Un show de humor no que non falta a autocrítica nin a reflexión sobre esas decisións que, na nosa cabeza, parecían ter moito sentido.
Un espectáculo para rir sen pudor e para lembrar que sempre podemos reinventarnos tantas veces como faga falta.
 

Galego

Comandante Lara. Los 3 tenores

Comandante Lara y CÍA. presenta: Los 3 Tenores é un espectáculo de humor protagonizado por Comandante Lara, Jesús Tapia e Vicente Ruidos. O que comeza como un suposto recital acaba converténdose nunha sucesión de chistes, parodias, improvisacións e situacións disparatadas nas que a música é só unha escusa para facer rir. Unha proposta de humor directo e desenfadado protagonizada por tres cómicos con ampla experiencia nos escenarios.

Galego

Comisión de festas

Brais das Hortas ten un plan: armar a festa.
Pero non o pode facer só. Precisa unha comisión de festas.
Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa Comisión de festas.
A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro