Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Los dos hidalgos de Verona 

Se Shakespeare é un dos construtores da alma humana moderna, como afirma Harold Bloom, en LOS DOS HIDALGOS DE VERONA empezará a desenvolver moitos dos elementos que van definir esa concepción do ser humano. 

Esta é unha das primeiras comedias nas que afina as tensións entre amizade e amor, tensións que ocupaban un espazo non menor na literatura de fins do Renacemento. A amizade entendida como unha forma de amor sen sexo estaba a ser tratada desde moitas perspectivas e enaltecida como unha forma de alto compromiso sentimental oposta ás relacións amorosas.

Galego

Monstros no camiño

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non…

Galego

Se as árbores falasen

Se as árbores falaran... Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguíu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán as que llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.

 

Galego

Made in Galiza

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da", MADE IN GALIZA é un convite á República Indenpendente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba, sábeo!

Galego

As palabras perdidas

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como "ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto.  

Galego

Babas descubre as estacións 

Babas é un caracol moi lambón. Os seus amigos dixéronlle que do outro lado do bosque está a planta máis saborosa e coas follas máis verdes de toda a fraga. Por iso, un día decide ir coa súa amiga a Cogomelo Trompita a buscala. Babas anda moi amodo, non chegan nunca! E aínda por riba, Trompita dase conta que algo cambia ao seu redor, as estacións do ano! 

Acompañas a Babas e a Trompita a descubrir todo sobre as estacións?  

A través de diferentes elementos sensoriais os máis cativos e cativas da casa vivirán unha aventura emocionante. 

Galego

Cortello de Amor

Jack e Rose, unha parella que rolda a trintena e que levan xuntos desde a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica á beira do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dúas no faiado. 

Galego

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!

Sinopse

Os tres serventes están afeitos cumprir as ordes de Mr Bo. Levan toda unha vida ao seu servizo, desde que Bo era un neno. Ás veces imaxínanse o que podería ser o mundo se eles fosen os amos, o que significa exercer o poder.
Cando o señor Bo era neno os serventes tiveron a oportunidade de dicir Non!, pero non o fixeron. Agora xorde unha nova oportunidade, unha oportunidade para todos.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Jokin Oregi

Escenografía e vestiario: Ikerne Giménez

Galego

Sinte

SINTE é unha proposta na que a coreógrafa e bailarina Cris Balboa emprega a música como catalizador, a palabra como xogo e a danza como liberación. SINTE é unha viaxe desde a miña fraxilidade para desarmar as carapuchas coas que nos movemos polo mundo e celebrar que todos somos seres sensibles vibrando en diferentes frecuencias.

"A miña insistencia é relatar o meu conflito co mundo desde o máis pequeno, o máis singular e persoal, intentando inducir estados de ánimo colectivos a través da música electrónica".

 

Ficha artística

Galego

O mundo máxico de Pinocho

En O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro