Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Lúa quere viaxar a... Marte!

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte! 

Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. 

Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Galego

Miro e a música das cousas

Miro e a música das cousas é un espectáculo familiar no que, a través da historia dun neno cunha especial sensibilidade polos sons, descubrimos que todo o que nos rodea pode converterse en música. Unha proposta que mestura narración oral, teatro, marionetas e música en directo, convidando o público a escoitar, xogar e crear colectivamente ao ritmo do corazón.

Galego

Sherezade, Aladino e os tres beduinos

Baixo o arrecendo a incenso, uns contadores de historias da lonxana Persia, nos evocarán as aventuras de Sherezade e as súas mil e unha noites… Alfombras voadoras, Xenios poderosos, Ladróns, aventureiros… Todo mesturado con música e recreacións dos momentos máis máxicos dos relatos árabes máis coñecidos… Aldino e a lámpada marabillosa, Alibabá e os corenta ladróns, encantadores de serpes, e por suposto, o propio publico que será participe das historias ate tal punto, que levarán os aromas de Persia impregnados na súa pel

Galego

Moby Dick

Moby Dick é unha proposta de teatro de rúa adaptable a sala para público familiar a partir de 4 anos. Un espectáculo de Pedras de cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez.
Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun barco no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.

Galego

Que anos aqueles…

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.

Galego

Historias para escagarriñarse

Tres cíngaros percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa. Co seu característico humor repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña... A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse. Un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.

Galego

Miserábeis 

Miserábeis é un proxecto sen precedentes a partir da obra de Víctor Hugo, artellado en torno a unha fonda reflexión sobre a importancia dunha aprendizaxe cooperativa, competencial, dende unha óptica feminista e en lingua galega. Sobre as táboas reunímonos grande parte da comunidade educativa do IES Illa de Ons de Bueu, mais de 70 persoas entre profesorado, alumnado, persoal non docente e familias.

Galego

¿Quieres pecar conmigo?

Unha trepidante comedia chea de humor e gargalladas ao máis puro estilo Top Secret.
Paz e Mónica, dúas solteiras treintañeiras en paro que comparten piso, teñen un problema: viven por riba das súas posibilidades e non chegan a fin de mes.
Para cadrar as contas trazan un plan que as levará a mentir, enganar e pecar. Sobre todo pecar.
Unha comedia de pecadores para pecadores na que a mentira, a luxuria e a paixón serán a estratexia para conseguir os seus desexos máis ocultos.
 

Galego

Máis Saaaabor!

Despois de 200 funcións con Saaabor! chega unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.  A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localidade e ides ter que probalo!

Un menú elaborado en directo coa participación do público digno dos maiores recoñecementos do mundo culinario.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro