Ra, Ra, Ra
Autor e director: Cándido Pazó
Elenco: Beatriz Méndez, Carla Capeáns, Toni Salgado, Víctor Mosqueira
Un divertido espectáculo no que dous actores e dúas actrices fan que as ras descubran que a noite non é tan escura.

Autor e director: Cándido Pazó
Elenco: Beatriz Méndez, Carla Capeáns, Toni Salgado, Víctor Mosqueira
Un divertido espectáculo no que dous actores e dúas actrices fan que as ras descubran que a noite non é tan escura.
Dirección: Luis Vallecillo
Elenco: Luis Vallecillo e Celtia Figueiras
A Caixa de Nuk é unha apaixoante historia, repleta de maxia, tenrura e amor, que non deixará indiferente a ninguén e que nos transportará ao mundo dos trasgos e a natureza.
Nesta obra, un trasgo chamado Nuk é enganado por unha malvada serpe que quere facerse coa caixa que puede cambiar o futuro dos trasgos e toda a humanidade. O nóso protagonista, cego de amor, sucumbe aos enganos da serpe e veremos como non sempre son quen esperamos os que poden dar un xiro ás historias máis incribles.
Texto Orixinal e Re-mix: Alfredo Rodríguez, Olga Cameselle, Gena Baamonde
Outros Textos (Manipulados): Angélica Lidell, Borges, Sonya Lyubomirsky, Antonio Damasio, Flora Davis.
Elenco: Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
Espectáculo que indaga na dificultade do ser humano para autoxestionar os seus propios sentimentos: a memoria relacionada cos sentimentos. os obxectos coma testemuña da emocionalidade.
Dirección: Colectiva
Elenco: Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez
Autora: Areta Bolado
Dirección: conxunta
Elenco: Areta Bolado, Noelia Fernández, Ailén Kendelman
A compañía 3DTrans ofrece unha hora de risas, a través dunha reflexión subxectiva, próxima á parodia sobre un episodio da vida de tres actrices. Este espectáculo xurde da idea de levar ao teatro os sketches que lles fixeron gañar o concurso “Os Humorosos”, do programa Luar da TVG.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas os espazos onde se representa: Auditorio Municipal de Cedeira.
Un escenario, tres comediantes e un mundo onde todo é posible. Esta é a proposta de Al tun tun, unha obra de teatro chea de humor exquisito, absurdo e cun surrealismo delicioso que deixará coa boca aberta a grandes e pequenos.
Obra representada pola compañía Teatrozero no marco dos actos previos á Marcha contra as Causas da Fame, organizada polo Movemento Cultural Cristiano.
A ciencia pode ser divertida e aparecer onde menos o esperas: na cociña, no baño, na escola, no parque... A través da peza teatral Que traballo tan curioso! os máis pequenos resolverán situacións cotiás a través de argumentos científicos e rigorosos que nos deixarán coa boca aberta (adultos incluídos).
Duración: 1 hora.
Entrada libre ata completar a capacidade (150 prazas). Para público familiar.
O compositor e cantante Xoán Curiel propón un espectáculo no que dá a coñecer o universo das cantigas de amigo de Martín Codax, dun xeito musical, para amosar os sentimentos e intensidade emocional que as propias cantigas conteñen.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, que desenvolve a Rede Galega de Bibliotecas.