Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Antía, Wamba e o regato pequeno

Son catro historias que serven para facer reflexionar, a grandes e a pequenos, sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos aportar os uns aos outros. Catro contos na boca de Wamba, un mozo do Congo que un día tropezou con Antía, unha nena galega, e xuntos descubriron que podían compartir moito máis do que pensaban.

Galego

Ne me quitte pas

Un cantante nace ante os espectadores coma se fose arte de maxia. E entón canta unha canción, emocionase e canta ao desamor. No entanto, esquece unha cousa moi importante, unha pequena cousa, e unha luz marcha e todo pasa nun momentiño de nada...

Galego

Pelegrín Circus

 A Familia do Pindirico, unha atípica familia circense, embárcase nunha nova aventura, desta volta o Camiño de Santiago, e co seu circo farán un percorrido por todas as vilas do Camiño, non só o  francés, senón todos eles.

Iso é que eles pretenden, pero as dificultades comezan pronto... Para ver en que remata hai que ver o Pelegrín Circus.
Público infantil de 4 a 12 anos.

Duración: 70 min

Galego

Rastreo Pirata

Aproveitando a temática mariñeira das aventuras piratas, Tusitala Contacontos propón esta singular actividade: facer unha xymkana de probas e rastreo para pertencer a un bravo grupo de bribóns capaces de saquear unha biblioteca polo seu afán á lectura e habilidades documentais. Ademais, os participantes terán como motivación durante todas as probas a idea de atopar un tesouro real que serán libros de préstamo e moedas de chocolate.

Galego

Teatro cómico

A representación forma parte dunha actividade de dinamización da lingua galega dirixida á mocidade que se desenvolve en 23 concellos galegos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística entre abril e decembro de 2014.

Galego

As fabas máxicas

As fabas máxicas é unha proposta teatral pensada para nenos e nenas de máis de 4 anos e as súas familias, que gozarán do espectáculo tanto coma os cativos por mor da coidada escenografía, do humor e da poesía con que se vai tecendo a historia. Trátase dunha versión renovada do conto tradicional "Xan e as fabas" en que o propio Xan, coa axuda duns xeitosos monicreques, nos narra en primeira persoa as súas aventuras.

Galego

Snakizados, comedia da fin do mundo

A compañía considera esta peza un refrexo da fragmentación da sociedade, da incertidume, da crise que nos asolaga con ragtime de comedia. A obra sitúase no día despois da gran deflagración, non hai argumentos posibles, só quedan anacos; de distintos seres, anacos de memoria, refugallos industriais e domésticos, imaxes rotas, conversas interrompidas, interferencias, enerxías cruzadas... Como recompoñer o que destruimos?  

Esta proposta ofrece espectaculares peludos, esperpénticos mutantes, surreais, pintorescos, actuais, críticos, acedos e divertidos.

Galego

Pan! Pan!

Pan! Pan! é unha comedia musical, gañadora do Primeiro premio Xuventude Crea 2013,  que conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que lle roubou a súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro