Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cocer e cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público.
Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.

Galego

Charlatán Rodríguez

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males.

Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Galego

Carapuchiña

Pedras de cartón presenta Carapuchiña, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm. Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares.

Galego

Canta, Buguina, Canta!

Canta, Buguina, canta! Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto. Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e as palabras.

Galego

Canta connosco!

Canta connosco! é un espectáculo baseado no libro-disco-DVD do mesmo nome editado por Kalandraka.

Nel combínanse cancións gravadas por unha banda de pulgas con sktechs onde se tratan temas como a lectura e os xogos tradicionais e colectivos fronte ao exceso de TV e de videoxogos; o consumismo na compra de xoguetes; a relación entre os avós e os netos; o fomento do galego etc. 

 

Elenco artístico 

Antón : Carlos Yus
Rosiña e Cachirula: María Campos

Galego

Backstage

Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Inmediatamente comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do teatro é todo un... pallaso.

Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.

Galego

As Alumnas  

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

Galego

Aparvaolimpiadas

Un simulacro de atleta polipatético verase involucrado en moitos problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura finaliza sendo un desastre, tenta conseguir o éxito nos deportes máis conocidose e o único que logra é o fracaso máis absoluto.

Logrará conseguir a ansiada medalla?

Clown, mimo, pantomima e slapstick mestúranse neste tolo espectáculo no que o seu protagonista sae dun problema para entrar noutro e para finalizar coa vitoria máis ridícula xamais vista na historia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro